HomePontevedraCaldasXuizo pola agresión a Manuel Fariña, portavoz do BNG en Caldas de...

Xuizo pola agresión a Manuel Fariña, portavoz do BNG en Caldas de Reis

- Anuncio -spot_img

Terá lugar o martes 15 ás 13 h. no xulgado nº 1 de Caldas de Reis

O vindeiro martes, 15 de xuño, ás 13 h. no xulgado nº 1 de Caldas de Reis terá lugar o xuizo pola agresión sufrida polo portavoz municipal do BNG en Caldas de Reis por exercer o seu papel de defensa do medio ambiente e dos intereses dos veciños e veciñas de Caldas, ao denunciar uns verquidos ilegais no monte do Saiar.

Fariña foi agredido na mañá o 5 de marzo de 2020 logo de que un empresario local o fose buscar á súa casa para trasladarse ao lugar onde se fixeran os vertidos ilegais que viña denunciando.

Xa no monte, tras subir o tono da discusión o empresario propinou unha puñada ao
nacionalista que o fixo caer ao chan mancando as costas e un nocello. Manuel Fariña tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital Montecelo.

Manuel Fariña afirmou que “teño un compromiso adquirido cos meus veciños e veciñas de
traballar por un concello mellor, e seguirei denunciando cantas agresións sofra o noso medio
ambiente, até que as administracións competentes deixen de facer ouvidos xordos e mirar cara outro lado e afronten con decisión o problema”. “Non me van amedrentar nin con ameazas nin con agresións”, concluíu.

Publicacións Relacionadas