· Os populares denuncian a situación de abandono extremo da área recreativa, de convivencia veciñal e deportiva de Chan da Barcia.
· O deficiente estado do paseo do río, as canchas deportivas rotas, o céspede vello do campo tirado e convertido nun foco de insalubridade e parte do aparcamento transformado en depósito de cascallos veturpa a imaxe do municipio.
O Partido Popular de Ponte Caldelas lamenta profundamenta o mal estado no que se atopan moitas infraestrutura municipais pola falla de mantemento por parte do equipo que dirixe Andrés Díaz e denuncian públicamente a inacción do Goberno Municipal ante a proliferación de pintadas machistas que afean e ofrecen unha imaxe penosa da vila.
Os populares recollen así as numerosas críticas e mostras de preocupación expresadas pola veciñanza que se dirixe a este partido político para trasladarlle as súas queixas pola imaxe de suciedade e insalubridade que presentan zonas de gran concurrencia sobre todo de nenos e maiores como a área recreativa e espazo de convivencia veciñal e deportiva que representa o Chan da Barcia.
Desde hai xa demasiado tempo proliferan pintadas fálicas de enormes proporciones que se misturan con outras de todo tipo e que converten este lugar de lecer nunha zona visualmente degradada e con mensaxes pouco acordes cos estándares dunha vila civilizada, respectuosa coas políticas de igualdade e que encaixa máis con ambientes dos suburbios marxinais.
Esta imaxe negativa prolóngase polo paseo do río e baixo a ponte antiga de Ponte Caldelas cuxos arcos de pedra aparecen cheos de pintadas da mesma temática e presuntamente de idéntica factura.
Por outra banda, as canchas deportivas atópanse en situación de abandono extremo, xa denunciado polo Partido Popular ao longo dos dous últimos anos, e que seguen coas canastras sen aros e rotas, as redes da cancha de pádel co céspede artificial sen colocar por parte da empresa instaladora da herba artificial do campo de fútbol que xa cobrou gran parte da súa factura e seguen sen rematar os traballos para os que foi contratada. A rede da pista de pádel suxéitase por varias pólas colocadas polos usuarios destas instalacións que buscan solucións imaxinativas para poder practica-lo seu deportes favorito.
O CÉSPEDE VELLO RETIRADO E ABANDONADO DO CAMPO DE FÚTBOL CONVERTIUSE NUN FOCO INSALUBRE QUE AMEAZA AOS CATIVOS QUE XOGAN NAS INMEDIACIÓNS
Ademais, Chan da Barcia foi o escenario elixido polo alcalde para colocar o “catafalco desinfentante” anti-Covid que despois de cumprir coa súa función mediática e televisiva foi retirado hai pouco e agora o seu espazo foi ocupado polos cascallos das obras que están realizando as empresas adxudicatarias destes traballos no centro da vila.
Ante esta situación, o Partido Popular reclama unha intervención inmediata no centro da vila para corrixir tamén os problemas de limpeza e rematar coa imaxe de suciedade, a retirada dos rolos de céspede artificial vello que se atopa xunto ao pavillón ao alcance dos cativos que xogan por alí e que son un auténtico foco de insalubridade. Tamén reclaman a eliminación de todas estas pintadas machistas, a reparación das canchas deportivas, novas canastras, reposición do céspede de pádel así como a rede e a eliminación dos depósitos de cascallos na zona.




