HomeTabeirósCerdedo - CotobadeTranscurre o prazo legal sen que se presenten alegacións aos Orzamentos Municipai...

Transcurre o prazo legal sen que se presenten alegacións aos Orzamentos Municipai de Cerdedo-Cotobade cun investimento medio por veciño superior a 900 euros

- Anuncio -spot_img

• Cubela: “Desde a sostibilidade e a solvencia económica non so seguiremos atendendo os servizos senón que manteremos o tren de investimentos en mellorar a calidade de vida das persoas”

Tras transcurrir o periodo de exposición pública sen que se presentara ningunha alegación aos Orzamentos Municipais, o Concello de CerdedoCotobade acaba de envíar para a súa publicación ao Boletín Oficial da Provincia (BOPO) estas contas aprobadas cos votos a favor en solitario do Grupo Popular.

Así, as contas municipais para este ano 2021 acadan os 4.068.110 euros dos cales o 35% vai destinado a Servizos Sociais duplicando deste xeito a cantidade que se tiña asignada o ano pasado a este mesmo apartado. O investimento medio por veciño aprobado polos populares en Pleno, e que contou co voto negativo da oposición, sitúase en torno aos 900 euros, cantidade moi superior á de moitos outros concellos similares de Galicia.

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manifestou a súa satisfacción porque non se presentara ningunha alegación no periodo de exposición pública o que “evidencia que son uns orzamentos que van orientados a dar resposta positiva ás necesidades das persoas e confeccionados en base ás propostas dos veciños e que tamén recollen algunha realizada por los grupos da oposición. Non é entendible que os concelleiros do PSdeG-POSE e BNG votaran en contra das axudas á hostalería, da construción dunha Residencia e un Centro de Día en Carballedo e de moitos investimentos de interese estratéxico para o futuro do noso concello”.

Así, os orzamentos municipais contemplan no apartado de Servizos Sociais un aumento na súa partida moi sensible, pasando dos 724.026 euros do ano 2020 a prácticamente o dobre, con 1.429.938,71 euros para este ano, ocupando este apartado máis do 35% do total das contas arroxando un investimento de 250,99 euros por habitante o que supón acadar a “excelencia” en Servizos Sociais, segundo os parámetros dunha entidade independente e prestixiosa como a Asociación de Directores e Xerentes desta materia.

Estas contas municipais contemplan tamén capítulos de especial relevancia como o apoio a asociacións e colectivos veciñais e culturais do municipio para os que se inclúen subvencións nominativas á Asociación Astronómica Sirio, ANPA de Carballedo, ANPA de Tenorio, ANPA de Cerdedo, Fundación Amigos de Galicia, Os Trazantes de Tenorio, Banda Música Tenorio, Asociación Cultural Foula, Afoutes do Canón de Pau, ás Pandereterias de Quireza, Os Abrentes de Cerdedo e á Asociación Cultural Terra de Montes.

RESPALDO Á CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE E CENTRO DE
DÍA EN CARBALLEDO
O novo orzamento leva aparellado unha partida adicada a investimentos para o cal o equipo de goberno reservou un importe inicial de 756.766,86 euros, que supón o 18,60 % do Orzamento e que permitirá facer a aportación municipal para a execución do proxecto de construcción dunha Residencia e Centro de Día da Terceira Idade en Carballedo, así como a adquisición de diferentes equipos informáticos e unha hidrolimpiadora. O investimento medio por habitante cífrase neste Orzamento en máis de 900 euros por veciño mentras que concellos similares esta cantidade soe oscilar entre 150 e os 400 euros por habitante/ano o que dá boa idea da cobertura a todas as demandas da veciñanza e permitirán manter un moi bo nivel de infraestruturas e servizos públicos.

DÉBEDA “CERO”, CONXELACIÓN DE TAXAS E A SUPRESIÓN DE IMPOSTOS COMO O DE
CONSTRUCIÓNS
Por outra banda, os orzamentos abondan na estabilidade orzamentaria e na solvencia económica do Concello de Cerdedo-Cotobade cunha reserva simbólica de 4 euros no capítulo de gastos financeiros xa que esta administración local ten “débeda cero” ao non ter que amortizar nengún crédito por ter as súas contas totalmente saneadas e con autusuficiencia económica.

O alcalde amosouse satisfeito en poder suprimir con tranquilidade orzamentaria o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e conxelar a práctica totalidade das taxas vixentes como o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM-a popular “viñeta”), etc. así como as retribucións dos órganos de goberno municipal.


Finalmente, Jorge Cubela insistiu no seu desexo en seguir apostando polo futuro de
Cerdedo-Cotobade a través da incorporación dos máximos investimentos públicos posibles doutras administracións como pasou cos Baños do San Xusto, a mellora de estradas autonómicas, as vivendas sociais das antigas casas dos mestres de Cerdedo, a ampliación da Residencia da Terceira Idade e Centro de Día de Cerdedo, que se acaba de licitar o seu equipamento, a humanización do trazado interior da parroquia de Tenorio, a construción do Centro Sociocultural de Tenorio, a reforma do local da Banda de Música de Tenorio e a prevista inversión no local da Banda de Música de Cerdedo, a construción do Centro Cultural e Turístico Antonio Fraguas, en Carballedo, etc.

Publicacións Relacionadas