HomeVigoNigránO concello de Nigrán suma una "Galiña de Tragaplástico" e dous novos...

O concello de Nigrán suma una “Galiña de Tragaplástico” e dous novos “Peixes” para que os bañistas arroxen dentro o regugallo que atopen deste material

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán estreou o verán pasado dous ‘peixes’ con gran aceptación, sumando agora estes novos elementos que se situarán en Praia América-Lourido, Panxón e Patos

Adicionalmente, este mes se instalarán os cabicheiros artesanais que desde 2019 están situados nas entradas das praias. “Son diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá en materia medioambiental”, incide o rexedor

O Concello de Nigrán suma a súa primeira ‘galiña tragaplásticos’ e dous novos ‘peixes’ aos areais do municipio, todos eles obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou o ano pasado os dous pintorescos peixes. As esculturas son todas a base de guías metálicas cunha abertura na boca para invitar aos bañistas a depositar dentro calquera refugallo de plástico que se atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. Estes tres elementos súmanse aos dous existentes e se distribuirán todos entre Praia América-Lourido, Panxón e Patos. O Concello de Nigrán continúa así apelando á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos.

Paralelamente, ao longo deste mes instalaranse por terceiro ano consecutivo en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa, os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos con material de refugallo por nenos e nenas que asistiron aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e por usuarios-traballadores do CEE Juan María.

“Tratase de diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá en materia medioambiental, os peixes tiveron moitísima aceptación e por iso continuamos”, finaliza o rexedor

Publicacións Relacionadas