HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense procede á apertura dos aseos públicos

O Concello de Ourense procede á apertura dos aseos públicos

- Anuncio -spot_img

Esta decisión chega logo dunha evolución favorable da pandemia, o levantamento de restricións sanitarias e a demanda dos usuarios


Xa están abertos os aseos públicos do parque da Ponte, Xardíns Padre Feijóo e Parque de San Lázaro

O concelleiro delegado de Saúde, Telmo Ucha, ordenou que se proceda á apertura dos aseos públicos, con todas as medidas hixiénico-sanitarias establecidas por parte da Xunta de Galicia e en cumprimento da normativa vixente en materia sanitaria pola pandemia da COVID-19.

Esta decisión chega logo de vista a evolución favorable da pandemia COVID-19, o levantamento de restricións sanitarias por parte da Xunta de Galicia, así como pola demanda de dita apertura dos aseos públicos por parte dos veciños e veciñas do Concello.

Os aseos que xa están abertos son os do parque da Ponte, parque San Lázaro e os dos Xardíns Padre Feijóo.

No resto de aseos públicos precísase realizar tarefas de adecuación, e reabriranse en canto estas finalicen.

Publicacións Relacionadas