A praza estrea un imaxe corporativa.
Un restyling da imaxe de marca que se adapta ao verdadeiro xeito de referirse a este espazo de comercialización de produto fresco preside a porta de entrada da sección do peixe. A proposta de chamarse simplemente “A Praza” xurdiu dos propios praceiros xa que esa é a forma tradicional de referirse ao mercado de abastos.
Enrique Lago (presidente AER) e Daniel Pérez (Presidente Asociación Alvedosa) A implementación da marca tamén se comenzou a implementar sobre a indumentaria laboral. Unha nova uniformidade laboral que ven a complementar as accións que xa se veñen poñendo en marcha dende o pasado ano nas Prazas de Abastos de Redondela e Chapela.
Ambas entidades, Asociación de Empresarios de Redondela e Asociación de Praceiros, veñen traballando conxuntamente para a dinamización do Mercado de Abastos. As intervencións para a mellora da imaxe seguen sendo unha prioridade pero neste ano esperan poder realizar actividades orientadas a dinamización do consumo dos produtos frescos que se comercializan nas prazas. A posta en valor desta tradicional forma de comercialización de produto fresco e a súa importancia para manter unha dieta saudable serán os principios
que guiarán as novas accións de dinamización previstas.
A nova indumentaria foi deseñada conforme as necesidades expresadas polos praceiros e praceiras entre as que compre destacar as baixas temperaturas e a humidade que sofren durante todo o inverno e que se ve acentuada nas épocas de choivas polas filtracións da cuberta do mercado e o deficiente estado do chan. Polo tanto, procurouse unha indumentaria quente e tamén confortable xa que a montaxe e desmontaxe diaria das mercadorías e o seu traslado ás cámaras require dunha indumentaria flexible que facilite o movemento. As cores azul, para a zona de peixes, e verde, para a zona da froita, serán as
predominantes pero tamén a carne, o servizo de cafetería e outras actividades complementarias contan coa súa propia indumentaria.
Ata o de agora a única axuda que estas entidades teñen acadado foi a da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, asumindo a Asociación de Empresarios e os praceiros o cofinanciamento necesario para a súa posta en marcha. Este ano xa estamos a traballar na definición de novas actuación para as que esperamos seguir acadando o apoio económico da Xunta de Galicia.
A importancia da Praza de Abastos como motor e dinamizador comercial é, en Redondela, moi importante, e aínda a pesar do seu actual estado de aparente abandono son moitos os proxectos emprendedores que buscaron neste último ano ter un encaixe neste espazo comercial sen que ata o de agora puideran ocuparse novos espazos a pesar de existir postos baleiros.




