HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA busca da vida alén do Sistema Solar será o eixo central...

A busca da vida alén do Sistema Solar será o eixo central da nova charla do ciclo “Aida Fernández Ríos”

- Anuncio -spot_img

A conferencia deste xoves estará conducida por Minia Manteiga, vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía e catedrática de Astrofísica

O II Ciclo “Aida Fernández Ríos”, organizado pola Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, volve este xoves da man de Minia Manteiga, vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía, quen falará sobre “Exoplanetas, o desafío da busca de vida máis alá do Sistema Solar”. A cita será ás 19.00 horas e poderá seguirse de forma telemática para o que hai que inscribirse no sitio web da Deputación (https://www.depo.gal).

Minia Manteiga, catedrática de Astrofísica, explicará como funcionan os dous métodos principais que empregan as e os astrónomos para a detección de planetas e como se foron superando nestes últimos anos as diversas limitacións tecnolóxicas para a súa detección deste tipo de planetas. Durante a charla Manteiga describirá tamén como se formula hoxe en día a busca de biomarcadores (signos da existencia de vida) nos exoplanetas.

A seguinte cita do Ciclo Aida Fernández Ríos terá lugar o xoves 1 de xullo cunha nova charla titulada “Adegas circulares: máis alá do viño…” da man de Marta Lores Aguín, catedrática de Química Analítica. Este será o derradeiro dos dez relatorios que están a ter lugar dende abril no marco desta segunda edición do ciclo que ten a finalidade de achegar a ciencia á cidadanía. Ademais, a partir de setembro a Deputación e a RAGC espallarán esta disciplina nos centros educativos con cinco charlas para a mocidade.

Publicacións Relacionadas