O lumnado e toda a Comunidade Educativa do CEIP HUMBERTO JUANES, en Nigrán, podrán gozar nestes días de fin de curso 2020/2021 que remata o martes 22 de xuño, dunha exposición de cómics realizada na actividade extraescolar organizada pola ANPA DO HUMBERTO JUANES. Esta actividade foi dirixida ao longo do curso os xoves en horario de 16:00h a 17:30h pola ilustradora Coral Martínez.
A ANPA do CEIP HUMBERTO JUANES en coordinación co centro, ante a situación xerada pola pandemia e o cumplimento do PROTOCOLO COVID19, apostou polo cumplimento do horario de actividades extraescolares de 16:00h-17:30h todos os días como medida para apoiar a conciliación familiar, xa que os centros da zona do Val Miñor non tiveron actividades extraescolares. O esforzo foi moi grande, xa que tiveron que adaptar todas as actividades para o cumplimento das condicións de máxima seguridade que require o cumplimento do protocolo COVID19 e integralo na Programación Xeral Anual do Centro.
A exposición de Cómics podrá verse do 16 ao 18 de xuño, de 15:30 a 17:00, na biblioteca do colexio.




