HomeOurenseRelación de incidencias pola treboada do mércores 16

Relación de incidencias pola treboada do mércores 16

- Anuncio -spot_img

Con motivo da treboada de onte á tarde, a Policía Local de Ourense atendeu numerosas incidencias entre as que cómpre salientar as seguintes:

Tapa de sumidoiro afundido provocando caída de peón na rúa Pardo de Cela.

Inundacións na rúa Serra Martiñá provocando danos en vehículos.

Desprendemento de terras en rúa Bon Xesús 8 (Ceboliño).

Árbore caída en Praza Paz Nóvoa.

Aglomerado asfáltico levantado en Castelo Ramiro 28.

Tapa de sumidoiro desprazado en rúa Celanova causa danos en vehículo.

Tellas de inmoble de Emilia Pardo Bazán con perigo de caer á vía.

Pólas de árbore con risco de desprenderse en Xardíns do Pazo de Xustiza.

Ameaza de caída de chapas metálicas á vía pública en rúa Concello.

Risco de desprendementos de tellado en Julio Prieto Nespereira.

Pólas caídas en rúa Río Mao.

Chapa caída sobre patio de colexio Branco Amor.

Farol de iluminación pública caída sobre unha árbore en rúa Sta. Teresita.

Cables de tendido eléctrico soltos en Eirasvedras.

Publicacións Relacionadas