O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou que se vendese a súa apertura en marzo como “inminente” e a día de hoxe “Pontevedra segue sen poder contar con este paseo proxectado inicialmente polo PP”
“Levamos meses sen ver nin un só movemento no primeiro tramo que xa está rematado. Pedimos ao Concello que axilice os trámites para abrir á cidadanía este espazo #ante o verán, onde se lle poderá sacar gran proveito”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou este sábado o atraso na apertura da senda litoral desde a cidade do Lérez ata Marín, unha inauguración que, desde o Concello en marzo deste ano díxose que era inminente. “As obras terminaron hai meses e a cidadanía segue sen poder acceder ao espazo. Despois de tantos meses de traballos, estando este primeiro tramo xa rematado, non sabemos o motivo de que siga pechado”, defendeu o popular.
“Seguimos sen noticias un ano despois de que se iniciasen as obras, que tiñan un prazo de execución de nove meses. O tramo ata o nó da AP-9 está acabado e debería ser perfectamente transitable, pero desde o Concello non queren explicar por que fan obras para logo mantelas pechadas. Se é trata dun problema burocrático, cremos que o Concello tivo o tempo suficiente como para poder emendalo”, aclarou o popular, que quixo lembrar que se trata dun proxecto do Partido Popular.
“Pedimos ao Concello que axilice os trámites para abrir á cidadanía este espazo #ante o verán, onde se lle poderá sacar gran proveito”, destacou o popular. Domínguez urxiu ao Concello para retomar a tarefa de abrir o tramo xa rematado e dar a posibilidade á cidadanía de realizar este paseo #ante o verán, un época onde estou seguro que lle poderá sacar gran proveito”.




