HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Pazo Provincial da Deputación tinguirase de verde este luns con motido...

O Pazo Provincial da Deputación tinguirase de verde este luns con motido do Día da Ela

- Anuncio -spot_img

A institución provincial iluminará o Pazo Provincial sumándose ás demandas da Fundación Luzón e a AGAELA, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

A Deputación de Pontevedra iluminará o seu Pazo Provincial desde as 22.30 horas deste luns 21 de xuño ao abeiro da conmemoración do Día Mundial da ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica). A cor verde tinguirá a sede provincial para sumarse a actividade “#LuzporlaELA”, que consiste en iluminar con esta cor a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país en apoio e solidariedade coas persoas que sofren esta enfermidade.

Deste xeito, a institución únese ás reivindicacións de Luzón e AGAELA para dar visibilidade a esta enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular, que provoca unha parálise progresiva que comeza coa dificultade para camiñar e para coordinar algunha das extremidades, especialmente as mans, e remata por provocar problemas para mastigar, tragar e incluso respirar.

A ELA afecta, especialmente, a persoas con idades comprendidas entre os 40 e os 70 anos, sendo máis frecuente en varóns de entre 60 e 69. Segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía, cada día detéctanse en España tres novos casos desta enfermidade, e o 50% dos pacientes falecen antes de que se cumpran os tres anos do seu diagnóstico.

Publicacións Relacionadas