HomePontevedraO PP presenta unha moción contra os indultos aos presos do procés...

O PP presenta unha moción contra os indultos aos presos do procés para que se coñeza a posición da Deputación de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

A deputada provincial, Pepa Pardo, anuncia que este venres o Partido Popular defenderá no pleno unha moción para pedir á Deputación de Pontevedra que se posicione sobre o indulto aos líderes independentistas cataláns condenados por sedición. Pardo sinala que “a Deputación ten a oportunidade de respaldar a Constitución e o resto do ordenamento xurídico, apoiando esta moción que defende o estado de dereito e a democracia”.

A deputada recorda que “esta decisión é froito do acordo que Sánchez pactou nas prisións para favorecer a súa investidura”, e que non se dan as circunstancias para conceder o indulto, “pois é evidente que hai unha vontade clara de reincidencia”.

Por iso lamenta que Sánchez “utilice os indultos con fins partidistas e persoais, antepoñéndoo por riba do respecto esencial ás normas básicas dunha democracia”. Nesta liña, subliña os milleiros de sinaturas que o Partido Popular recolleu en toda a provincia, ben a través das mesas colocadas nas tres cidades ou nas propias sedes locais, “que evidencian o rexeitamento da sociedade”.

A popular recorda que no momento de coñecerse a sentencia do Supremo, Pedro Sánchez garantiu que esa sentenza ía cumprirse na súa totalidade, posto que ninguén está por riba da lei”. Pero tanto Sánchez como o seu goberno “seguían necesitando os votos dos partidos independentistas cataláns para manterse no poder; unha necesidade que se fixo máis perentoria tras as eleccións xerais” celebradas en novembro de 2019 nas que o PSOE perdeu case 800.000 votos e 3 escanos respecto ás de abril do mesmo ano. “Esa necesidade foi o detonante de que o goberno propuxese realizar unha modificación do delito de sedición, incluída dentro unha reforma máis amplía do Código penal, que supoñería unha rebaixa das penas aos condenados polo 1º de outubro”, conclúe.

Publicacións Relacionadas