HomeOurenseReposición das lousas de pedra na rúa San Francisco

Reposición das lousas de pedra na rúa San Francisco

- Anuncio -spot_img

O Concello iniciou os traballos de reposición das lousas de pedra danadas na rúa San Francisco, no centro histórico da cidade. Esta actuación levarase a cabo desde a parte inicial da rúa para compatibilizala coa demolición urxente dun edificio na parte superior da mesma, á altura da intersección coa rúa Arturo Pérez Serantes. É por este motivo que ambos traballos convivirán a un tempo e non será preciso cortar a rúa ao tráfico de vehículos nin de peóns.

O Concello lamenta as molestias que poidan ocasionarlles tanto aos usuarios da vía coma aos residentes, que terán acceso aos seus garaxes, e prega paciencia mentres duren os traballos de reposición, colocación e repousado das novas lousas, aproximadamente catro semanas.

Publicacións Relacionadas