HomeOurenseO alcalde recibe a directiva da Unión Deportiva Ourense para trasladarlle o...

O alcalde recibe a directiva da Unión Deportiva Ourense para trasladarlle o seu apoio e falar sobre o futuro do club

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a unha representación da directiva da Unión Deportiva Ourense, con Ramón Dacosta e Fernando Currás á cabeza, para trasladarlle o seu apoio logo da perda da categoría, pero tamén para falar sobre o futuro do club.

Neste sentido, o rexedor e os representantes do equipo unionista intercambiaron ideas acerca de como profesionalizar a estrutura do club e cales poderían ser os pasos para subir de categoría até chegar á elite. Do mesmo xeito, abordaron outras cuestións, caso do traballo cos deportistas de base que forman parte da canteira do equipo ourensán.

Pérez Jácome manifestoulles o apoio do Concello á Unión Deportiva Ourense.

Publicacións Relacionadas