· Na capital andaluza, o presidente do PP de Ourense subliñou tamén a importancia dos congresos “non só para reforzar formulacións ideolóxicas e a crenza en proxectos colectivos, senón tamén para reforzar organizacións políticas que, como no caso de Almería ou de Ourense, lideran institucións da provincia”
· Baltar participou no primeiro conclave presencial que organiza o PP cun gran número de compromisarios e a presenza de dirixentes nacionais e de diversos puntos de España, onde Javier Aureliano foi elixido presidente do PP de Almería.
O Partido Popular “é o proxecto político máis solvente e de futuro que existe en España, fronte a derívaa de Sánchez e os seus socios independentistas, e que está a demostrar ser unha formación viva e dinámica coa cuarta maioría absoluta conseguida en Galicia, a recente vitoria electoral en Madrid e as positivas expectativas que veñen reflectindo as enquisas”, manifestou en Almería o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, onde acudiu para participar no congreso provincial dos populares andaluces, que proclamaron como presidente a Javier Aureliano, que á súa vez preside a Deputación de Almería e é secretario de política provincial do PP nacional.
Manuel Baltar acudiu ao 14 Congreso do PP de Almería, o primeiro realizado coa asistencia dun gran número de compromisarios e de forma presencial, onde tamén participaron o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea; o presidente de autonómico dos populares e presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno; o presidente de Murcia, López Miras; o próximo presidente do PP valenciano, Carlos Mazón; ademais doutros presidentes de Deputacións españolas e alcaldes, e onde se lanzou unha mensaxe contra a política errática e anticonstitucional do goberno coas súas decisións sobre os indultos.
“Calquera encontro destas características que contribúa a lanzar unha mensaxe de unidade, estabilidade, constitucionalidade, progreso e rigor de xestión só pode estar marcado por dúas letras, que son as siglas do Partido Popular”, dixo Baltar, quen subliñou tamén a importancia dos congresos “non só para reforzar formulacións ideolóxicas e a crenza en proxectos colectivos, senón tamén para reforzar organizacións políticas que, como no caso de Almería ou de Ourense, lideran institucións da provincia”.
Ademais de encomiar a organización do congreso, Manuel Baltar puxo de relevo a traxectoria política e profesional do presidente dos populares almerienses e presidente desta deputación andaluza, “cunha impecable política e un gran traballo en equipo, tal e como demostraron os representantes do grupo popular na xunta de goberno da FEMP.
Nesta sentido, o presidente do PP ourensán volveu insistir en “a indignidade e o desprezo do goberno central, que non foi capaz de enviar ás entidades locais nin un só euro desde que empezou a pandemia, sen incorporar ningunha das emendas presentadas pola FEMP, nin tan sequera as unánimes”. Así, no conclave andaluz volveu reclamar de novo un trato digno ás entidades locais, “que son as primeiras ás que acoden as veciñas e veciños, e tamén aquelas que defendemos unha visión integral de provincia como as deputacións, que temos un labor crucial cooperando cos municipios de menos de 20.000 habitantes”.




