HomeVigoMosTorroso acolle un recital de piano con repertorio de Beethoven e Chopin...

Torroso acolle un recital de piano con repertorio de Beethoven e Chopin a cargo de Stefano Visintainer

- Anuncio -spot_img

Será o 27 de xuño, ás 12.00 horas, no auditorio do Centro Dotacional, con entrada de balde ata completar aforo

O Conservatorio Profesional de Torroso, a Escola de Música de Mos e a Comunidade de Montes de Torroso, organizan un recital de piano a cargo do músico Stefano Visintainer, – premiado pianista italiano -, con repertorio de Beethoven e Chopin.

O acto terá lugar o vindeiro domingo, día 27 de xuño, ás 12.00 horas no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Trátase dun acto organizado seguindo todos os protocolos e medidas de prevención ante a COVID-19.

Así mesmo, a entrada será gratuíta ata completar o aforamento dispoñible.

Publicacións Relacionadas