HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela insta aos alcaldes de Marín, Forcarei e Vilagarcía a facer unha...

Cubela insta aos alcaldes de Marín, Forcarei e Vilagarcía a facer unha fronte común e rebelarse contra os peches bancarios nos seus municipios

- Anuncio -spot_img

• O rexedor insta ao presidente da entidade bancaria a reformular a súa atención no mundo rural e anuncia que abrirá contactos con outras entidades para migrar as contas municipais

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, dirixiu un contundente escrito ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, para amosarlle a súa preocupación pola redución paulatina de servizo e presencia desta entidade financeira nos concellos galegos de ámbito rural e lembroulle as orixe e o apegamento tradicional deste banco ao territorio.


Ao mesmo tempo, o rexedor propón a convocatoria dunha xuntanzas de
alcaldes afectados pola reducción de entidades financeiras no seu municipio e para elo xa entablou contacto cos rexedores de Marín, Forcarei e Vilagarcía para crear unha fronte común que se rebele contra esta decisión empresarial que perxudica seriamente os servizos que reciben os residentes en zonas rurais e, especialmente, as persoas maiores
que son vítimas da fenda tecnolóxica e que se ven privadas dunha atención persoal, como de costume. No escrito que Cubela lle remite ao presidente de Abanca reflexionar sobre a necesidade de manter e de reformular os servizos bancarios que se prestan á veciñanza de concellos galegos con predominancia rural como un xeito de vertebrar país e de compromiso coas estratexias que desde a Unión Europea, o goberno central e a Xunta se trazan para fixar poboación e evitar que a mancha da Galicia baleira aumente.

O alcalde amosouse preocupado pola redución presencial e da atención de Abanca que afecta a 15 oficinas na provincia, entre elas a de Carballedo que “supoñen un perxuizo moi importante para a clientela de sempre, apegada ao banco e que está moi relacionada con xente maior que non domina as novas tecnoloxías e que precisan dunha atención personalizada. Diminuir estes servizos presenciais vai en detrimento dos dereitos e das posibilidades dos residentes no rural que teñen problemas para se desprazar e que teñen uns modos e costumes moi apegadas ao trato persoal e directo para atender as súas demandas financeiras, crediticias e mesmo aforradoras”, indicou o alcalde.

“OS AFORRADORES ESTIVERON ÁS DURAS CON ABANCA E AGORA IMPONSE A MESMA CORRESPONSABILIDADE E REPROCIDADE POR PARTE DESTA ENTIDADE CREDITICIA”

O aumento de comisións, a redución de horarios e a eliminación de oficinas son comportamentos preocupantes para o alcalde de CerdedoCotobade que ve como aumentan en municipios galegos de carácter rural o peche de sucursais e a supresión de servizos bancarios fundamentais para o desenvolvemento de concellos que loitan por gañar poboación e por mellorar servizos á veciñanza en contra do despoboamento e o
aumento da Galicia e da España baleiras.

Por outra banda, Jorge Cubela lembra o chamamento á confianza feito polos directivos de Abanca, tras o proceso de intervención de Novagalicia Banco que rematou coa adquisición por parte de Banesco da entidade pública, para que os impositores non retiraran os seus aforros e confiaran no novo equipo que se facía cargo da entidade. “Os imposidores, os
aforradores e os pequenos e medianos empresarios déronlle esa confianza a Escotet e aos directivos da nova entidade bancaria que xurdía das cinzas de Novagalicia Banco e agora imponse a reciprocidade e a corresponsabilidade con eles mantendo abertos uns servizos que son esenciais”.

Cubela advírtelle tamén a Escotet que “os concellos non imos quedar parados, mirando o que sucede e tomaremos unha actitude proactiva e de rebeldía ante unha situación inxusta. Entablaremos contactos con outras entidades e non desbotamos nin mobilizacións que exterioricen a nosa disconformidade ou mesmo que remate cunha migración masiva de
contas municipais e mesmo persoais a outra entidades máis sensibles co feito diferencial do mundo rural galego”, asegurou o alcalde.


“NON DESCARTAMOS NINGÚN TIPO DE PROTESTA NIN TAMPOUCO MOBILIZACIÓN, SI OS ACONTECEMENTOS E OS VECIÑOS O DEMANDAN”

Jorge Cubela, que xa puxo ao tanto destas circunsntacias aos voceiros dos distintos grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade, propón unha xuntanza de concellos afectados para tratar de atallar de maneira coordinada este problema que vai en aumento e se vai xeralizando e que incluso provocou que a administración
autonómica abrira unha liña de axudas para garantir, polo menos, a presenza de caixeros automáticos en núcleos de poboación e concellos dos que xa desapareceron oficinas e mesmo dispensadores de cartos en metálico.

“Non desbotamos nada, ningunha medida a tomar, tampouco as protestas na rúa e diante das propias entidades financeiras. Serán os acontecementos, as xuntanzas de coordinación e o que demanden os nosos veciños quen o decida, pero desde logo nós non estamos dispostos a permitir que se ningunee ao mundo rural e que se pechen dunha tacada 15 oficinas na provincia dunha entidade tan significativa e estrutural, que pese a ser unha empresa privada non deixa de ter responsabilidade activa na configuración do armazón financeiro na nosa Comunidade Autónoma”, sentenciou Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas