HomePontevedraO CondadoO goberno BNG-PSOE pretende por terceira vez aprobar o Plan Xeral sen...

O goberno BNG-PSOE pretende por terceira vez aprobar o Plan Xeral sen ningún tipo de transparencia

- Anuncio -spot_img

Pretenden aprobar por terceira vez un documento de espaldas a os veciños, non foi exposto publicamente, fixeron cambios sustanciais que afectan a centos de veciños que nos poden alegar a un documento sin transparencia e que nace morto xuridicamente.

Os seis anos que levan as voltas co documento si se fixeran as cousas ben sobráballe tempo de expolo a o publico e que os veciños foran coñecedores do mesmo.

Para O Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera e importante lembrar que o documento esta paralizado a pedimento do Concello desde febreiro do ano 2020, cando solicitou a súa paralización nos prazos por incumprir os requisitos legais do documento pois quen redacta os Plan Xerales son os Concellos
No ano 2019 nun pleno extraordinario no mes de agosto, o goberno aprobou novamente o documento e vendeuno aos catro ventos, esperando posteriormente meses en enviar a documentación completa á Xunta, pero aínda así, pide a paralización dos prazos á Xunta por incompetencia municipal.
Desde ACiP entendemos que necesitamos un plan Xeral que ordene o presente e futuro do Concello, agora ben, este documento nace morto desde o inicio pois non resolve os grandes problemas e necesidades reais deste Concello.

No centro urbano cambiaron a edificabilidade real de certas zonas como na zona de Granitos, cambiando o convenio existente cos propietarios onde ceden ás súas pretensións e eliminan a vivenda de protección oficial que sería dun 30 % dunha plumada, e crean unha zona comercial de máis de 8.000 metros cadrados que será unha puntilla mais para eliminar o noso comercio local.
Masificación de construción en zonas de dubidosa xustificación e pegados ao Regato da venda.
Non se dá unha solución real dunha circunvalación na zona da Rúa Castelao, que sofre todo o tráfico pesado e perigoso con prazos de execución e financiamento, co cal mais do mesmo.
O noso grupo denuncia inseguridade xurídica que non podemos pasar por alto nas Parroquias, onde residen preto do 50% dos veciños e que presentaron 1.250 alegacións, das cales se aceptaron 571 enviándolles unha carta aos veciños informándolles da súa aceptación, anulándoas agora para favorecer o centro urbano sen informar do devandito cambio nin dándolles información.
O curioso e que nesta aprobación o BNG-PSOE anula esas alegacións estimadas dunha plumada non dando cobertura legal, pois ditas anulacións necesitan da transparencia necesaria que impiden aos afectados poder ver a súa situación e alegar ante tal feito.

ACiP foi o único grupo da Corporación Municipal que visitou Parroquia a Parroquia nos anos 2018 e 2019 informando do que quería facer este goberno, que é aniquilar as mesmas e impedir o seu desenvolvemento. Seguiremos facéndoo xa que moitos veciños levarán sorpresas desagradables ante unha situación insólita, na que teñen unha carta do Concello dicíndolles que a súa parcela é edificable e que na realidade é mentira, co cal a indefensión é total.
¿Onde están os grupos Municipais que gobernan que vendían que había que potenciar o crecemento das parroquias?, eses que tanto presumían e agora demóstrase todo o contrario, pois anulan o seu crecemento e obrigan aos veciños para vir a vivir para o centro urbano. Lamentable traizoando os seus dereitos.

Desde ACiP manteremos o noso convencemento de que este Plan é negativo para o noso Concello e votaremos novamente en contra do mesmo, pois só beneficia a catro e o resto dos 22.000 veciños prexudícalles gravemente crendo nas posibilidades das nosas Parroquias e o conxunto do Concello.
Defenderemos sempre a nosa posición da necesidade dun Plan Xeral equilibrado, con consenso, transparente e con igualdade de oportunidades para todos.

Publicacións Relacionadas