• Estas xornadas estarán abertas ao público no pavillón respectando as medidas de seguridade e as limitacións de aforo
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o concelleiro de Deportes, Bruno Portela participaron na presentación do seminario que esta fin de semana terá lugar no pavillón municipal de deportes de Tenorio sobre Muay Thai de competición impartido por Miguel Martínez, campión do mundo, de Europa e de España, e o Gran Mestre Narong Wongsoonthon, especialista nesta modalidade deportiva.
O sábado, día 26 de xuño, a xornada correrá a cargo de Miguel Martínez e o horario será o seguinte: Pola mañá de 10 a 13 horas e pola tarde de 16 a 19 horas. O obxectivo desta xornada do sábado será a aprendizaxe e o desenrolo de técnicas orientadas ao Muay Thai de competición.
A xornada do domingo 27 estará centrada en Muay Thai Boran e Krabi Krabong (armas tailandesas), e correrá a cargo do Gran Mestre Narong Wongsoonthon.
O horario do domingo será o seguinte: Pola mañá de 10 a 14 horas (Muay Thai Boran) e pola tarde, de 16 a 19 horas, Krabi Krabong. O obxectivo da xornada do domingo será coñecer e profundizar nas tradicións e a loita corpo a corpo con armas. Concello de Cerdedo-Cotobade Para participar no seminario deberán inscribirse previamente e o público que queira presenciar a xornada pode asistir respectando as medidas de seguridade e as limitacións de aforo.




