HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela inaugura o Centro Sociocultural de Cutián “a casa de todos os...

Cubela inaugura o Centro Sociocultural de Cutián “a casa de todos os veciños”

- Anuncio -spot_img

• “A veciñanza ten un lugar digno para favorecer a convivencia, compartir e facer medrar a súa identidade como pobo”

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado polo tenente de alcalde Fernando Vázquez, asistiu ao acto de inauguración oficial da Casa do Pobo de Cutián, na parroquia de San Xurxo de Sacos, no que se investiron uns 120.000 euros no marco do Plan de Centros Veciñais levado a cabo en varias fases de actuación.

Jorge Cubela, que foi o encargado de descubrir a placa conmemorativa en nome dos numerosos veciños alí congregados, manifestou a súa satisfacción por ver rematada a rehabilitación deste edificio como lugar de encontro, xerador de sinerxias asociativas e como espazo de concordia e boa vecindade.

Cubela animou aos veciños presentes a “darlle uso e vida a esta Casa do Pobo, a casa de todos os veciños porque é de todos vós e que ten que ser o xérmolo da construción dun sentimento de unión e concordia para todos os veciños e veciñas de Cutián”.

Esta ambiciosa actuación contou cun orzamento global de 120.000 euros e, na segunda fase, acometeuse unha remodelación integral do interior, que era practicamente unha estrutura diáfana e sen servizos.

O proxecto, que foi solicitado polos veciños e aceptado polo alcalde, Jorge Cubela, tivo unha primeira fase, acometida polo Concello no ano 2015 e consistíu na realización de toda a envolvente exterior con cuberta, carpintaría, fiestras, construción das cámaras e algunhas pequenas obras no interior. A derradeira actuación consistiu na execución de todas as distribucións interiores na planta baixa –quedando unha gran sala diáfana de 90 metros cadrados–, os acabados interiores con revestimentos, baños, teitos e carpintaría de madeira, as instalacións de servizos como electricidade, fontanaría, saneamento, cociña e calefacción, os sistemas de ventilación e evacuación de augas residuais e a adecuación exterior con rampla de acceso, soleira e sendas de aproximación para vehículos e peóns. A
maiores, realizáronse melloras valoradas en 15.000 euros para a instalación de cociña e dun sistema de calefacción con estufa.

Segundo manifestou Jorge Cubela “nós xa cumprimos todo o que nos pedíchedes, agora tócavos vós darlle vida e uso a este magnífico edifici con actividades que favorezan a dinamización social e cultural dos case 100 veciños que sodes en Cutián. Tedes un espazo de primeiro nivel para organizar e celebrar as vosas actividades. Esta Casa do Pobo é unha infraestrutura de referenza que permitiravos reforzar a identidade da vosa aldea e contribuír a facer pobo”, indicou o alcalde.

Publicacións Relacionadas