HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense asina con Afundación un convenio para o programa...

O Concello de Ourense asina con Afundación un convenio para o programa de atención social ‘Cubertos’

- Anuncio -spot_img

Proporcionaranse menús saudables a nenos e nenas de familias en situación vulnerable durante as vacacións escolares

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar, rubricaron o acordo en presenza do concelleiro de Asuntos Sociais, Telmo Ucha

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o director xerente de Afundación, Pedro Otero, asinaron esta mañá, no salón de plenos da Casa do Concello, un convenio de colaboración para a posta en marcha do programa ‘Cubertos’, que proporcionará menús saudables a menores en risco de pobreza ou exclusión social das sete principais cidades galegas durante as vacacións escolares.

O obxectivo desta iniciativa de Afundación e ABANCA, co Concello de Ourense, é apoiar as familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da COVID-19, garantíndolles ás nenas e aos nenos unha alimentación saudable durante o verán, período no que se interrompen os programas de bolsas comedor.

Publicacións Relacionadas