• A totalidade dos concelleiros amósase partidaria de impulsar unha amplia mobilización social para condenar o abandono no que Abanca deixa aos emprendedores e aforradores do municipio
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade respadou por unanimidade as xestións realizadas polo alcalde, Jorge Cubela, ante a decisión tomada pola dirección de Abanca de pechar a sucursal que mantiña operativa en Carballedo e ínstao a
emprender unha migración de contas cara outra entidade no caso de que non se revirta esta decisión e Abanca clausure a súa oficina.
Jorge Cubela fixo ante o Pleno unha pormenorizada e detallada explicación dos pasos dados desde que a semana pasada se tivo noticias da intención de Abanca de pechar paulatinamente e a curto prazo de 15 oficinas bancarias na provincia de Pontevedra entre elas as de Soutelo de Montes (Forcarei), Seixo (Marín), Vilaxoán e Carril (Vilagarcía) e a de
Carballedo (Cerdedo-Cotobade).
Así todos os edís respaldaron a decisión de Cubela de enviar unha carta persoal de repulsa ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, así como tamén unha misiva informativa aos veciños do municipio para que estiveran enterados do modo de proceder censurable da entidade bancaria. Concello de Cerdedo-Cotobade Os concelleiros tamén amosaron o seu apoio á decisión, adoptada en colaboración cos autónomos e comerciantes afectados por esta medida, de iniciar unha recollida de sinaturas nos edificios municipais e nos
establecementos da contorna para que a veciñanza expresara tamén o seu rexeitamento a este novo modelo bancario que pecha oficinas, sobre todo nos municipios e nos entornos rurais.
A Corporación tamén respaldou unánimemente os pasos dados en todo momento polo alcalde e instáronno a que iniciara contactos con outras entidades financeiras coa intención de asegurar a operativa bancaria en Carballedo en caso de que Abanca consumara o seu anuncio de pechar as súas oficinas nesta localidade. No caso de que esto sucedera, os
representantes municipais instaron ao rexedor a que active todos os mecanismos necesarios para migrar as contas municipais cara outra entidade máis sensible co desenvolvemeto dos pobos e dos entorno rural en Galicia.
Finalmente, Jorge Cubela recibiu da oposición o apoio unánime a emprender todo tipo de mobilizacións sociais que se consideren necesarias para expresar a repulsa por este proceder arbitrario e marxinador de Abanca, sobre todo nestes momentos de máxima
sensibilidade pola crise derivada da pandemia da Covid-19, e buscar alternativas de futuro que poidan garantir a presenza de entidades bancarias que queiran acompañar a recuperación e o despegue económico dos emprendedores, dos autónomos e dos negocios de Carballedo e sexa merecedora da confianza dos aforradores para canalizar os fondos que con esforzo e sacrificio mantiñan en Abanca os veciños deste municipio.




