HomeA CoruñaUn total de 12 concellos da Comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirán...

Un total de 12 concellos da Comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirán axudas da Xunta por valor de algo máis de 344.000 euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero

- Anuncio -spot_img

― Susana López Abella e Gonzalo Trenor informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

― Destínanse máis de 236.000 euros a cinco Centros de Información á Muller da comarca

― Desde o ano 2015 a Xunta leva destinados a estes apoios máis de 36 millóns de euros

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informaron do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte esta cifra ascende a a algo máis de 344.000 euros para atender as demandas de 12 concellos.

Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de catro programas: (1) fomento da conciliación; (2) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e (3) o programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

O primeiro dos programas conta con máis de 82.000 euros cos que se apoian iniciativas de seis entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.

A segúnda liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a 10 concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 236.000 euros na área de Bergantiños-Costa da Morte.

A terceira liña céntrase na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinaranse máis de 25.000 euros euros para cinco entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A Xunta leva investidos nestes programas, en toda Galicia, desde o ano 2015 máis de 30 millóns de euros, o que permitiu axudar a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias.

SOLICITANTEConcellos agrupados/mancomunadosCONCELLOS CIM – TOTAL ((2021/2022)  CONCILIACIÓN  SENSIBILIZACIÓN  TOTAL CONCELLO
A LARACHA 1     41.704,84 €   15.000,00 €      56.704,84 €
CABANA DE BERGANTIÑOS 1    15.000,00 €     2.772,00 €     17.772,00 €
CARBALLOCoristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso4     62.839,96 €       62.839,96 €
CEECorcubión, Fisterra3     41.983,53 €       41.983,53 €
CORCUBIÓNCONTABILIZADO CON CEE0    13.292,20 €     6.000,00 €     19.292,20 €
FISTERRACONTABILIZADO CON CEE0    10.744,27 €     4.917,00 €     15.661,27 €
MUXÍA 1     44.877,96 €      6.000,00 €     50.877,96 €
PONTECESOCONTABILIZADO CON CARBALLO0    14.846,83 €      14.846,83 €
VIMIANZO 1    13.437,03 €      13.437,03 €
ZAS 1     45.000,00 €      5.989,50 €     50.989,50 €
TOTAL12236.406 €82.320 €25.678 €344.405 €

Publicacións Relacionadas