HomeOurenseO alcalde de Ourense recibiu o cónsul de Uruguai, co que compartiu...

O alcalde de Ourense recibiu o cónsul de Uruguai, co que compartiu proxectos turísticos e termais

- Anuncio -spot_img

Entre os máis destacados, a posibilidade de irmandade coa cidade de Salto, de 105.000 habitantes e grandes recursos termais

Pérez Jácome comprometeuse a estudar a idea, e interesouse polo modelo de xestión dos parques acuáticos desa cidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu na Casa do Concello o novo Cónsul Xeral do Uruguai para o norte de España, Ramiro Rodríguez Bausero, co que mantivo unha animada conversación sobre futuros proxectos turísticos a desenvolver entre ambas entidades. Entre os máis destacados, a posible irmandade coa cidade de Salto, capital do Departamento do mesmo nome, e que garda numerosas similitudes con Ourense.

Emprazada no noroeste do país, a 498 quilómetros da capital, Salto ten unha poboación de 105.000 habitantes e é unha das cidades de interior con maior número de monumentos históricos nacionais. Porén, o seu principal atractivo turístico internacional provén do Sistema Acuífero Guaraní, o máis grande de América do Sur e un dos recursos hídricos subterráneos máis importantes do planeta no tocante ás dimensións, calidade e temperatura das augas, que emerxen á superficie con temperaturas que oscilan entre os 38º e os 46º.

Así pois, a cidade de Salto posúe tres grandes complexos de primeiro nivel e dous parques acuáticos de vangarda. E foron precisamente estas dotacións acuáticas as que máis chamaron a atención do rexedor, quen se interesou polo seu modelo de xestión e potencialidades turísticas.

Irmandade con Salto

A cidade de Ourense está actualmente irmandada con Vila Real (Portugal) desde 1991, Tlalnepantla de Baz (México) desde 2002, Praza da Revolución (A Habana, Cuba) desde 2000, e con Quimper (Francia) desde 2006.

O alcalde comprometeuse a estudar a irmandade entre Ourense e Salto, dadas as súas similitudes. Un detalle que agradeceu Rodríguez Bausero, que lembrou que a día de hoxe viven 10.000 persoas uruguaias en Galicia, 500 delas na provincia de Ourense.

Publicacións Relacionadas