HomeOurenseO alcalde recibe a Plataforma pola defensa do ferrocarril de Vigo a...

O alcalde recibe a Plataforma pola defensa do ferrocarril de Vigo a Ourense por Mondariz

- Anuncio -spot_img

Gonzalo Jácome comparte as súas reivindicacións dun AVE directo a Vigo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu a representantes da Plataforma pola defensa do ferrocarril de Vigo a Ourense por Mondariz, unha reivindicación civil de moitos ourensáns e vigueses para acurtar a duración da viaxe entre ambas cidades.

Os representantes desta plataforma, maiormente ourensáns con residencia en Vigo, visitaron ao alcalde de Ourense co obxectivo de solicitar o seu apoio a esta iniciativa que beneficia a miles de galegos. O alcalde de Ourense comprometeuse a ir a todas as reunións e reivindicacións que sexa posible porque o AVE directo a Vigo é algo “fundamental para Ourense, algo que sempre reivindicamos nós”, dixo o rexedor, Pérez Jácome.

Vigo é a cidade coa que máis se interrelacionan os ourensáns. Nese senso, o alcalde dixo que “Vigo é a nosa cidade irmá, a cidade á que máis imos os ourensáns” de modo que esta variante permitiría a Ourense “ter praia a 25 minutos”. Un AVE directo “aumentaría as frecuencias de trens cara outros destinos e seríamos, como sempre fomos, a estación de Empalme”

Na mesma liña se manifesta o voceiro desta plataforma, Xosé Carlos Rodríguez Díaz, que defende a “existencia dunha liña de alta velocidade que comunique Ourense con Vigo dunha forma directa nun tempo competitivo”. E é que, deica o momento, calquera das propostas que o Ministerio de Fomento baralla non melloran moito o tempo da viaxe por autoestrada.

Publicacións Relacionadas