HomePontevedraAs rebaixas de verán chegan a comercio de Redondela

As rebaixas de verán chegan a comercio de Redondela

- Anuncio -spot_img

A Asociación de Empresarios de Redondela presenta a imaxe das rebaixas para este verán.

A campaña de Rebaixas iniciase este ano coa espectativa de que sexa unha campaña longa xa que o tempo non acompañou ata o de agora as venda de tempada. Esta situación dase de forma moi recurrente en Galicia xa as rebaixa chegan cando apenas o tempo comeza a acompañar as vendas de verán.

Nun contexto no que grandes cadeas comerciais tenden a adiantar o inicio das Rebaixas o pequeno comercio segue apostando por respetar as datas tradicionais de inicio, e así o 1 de xullo realizase a presentación da imaxe desta nova campaña de rebaixas e a distribución da cartelería.

O comercio local disporá de distintos modelos de cartelería para axustarse as distintas dimensións dos escaparates e distintos descontos que van irán desde o 30%, no arranque da campaña e poderán chegar ata o 70%.

Cada establecemento pode establecer libremente o período de rebaixas sendo a súa duración como mínimo unha semana e como máximo dous meses.

Publicacións Relacionadas