HomeA CoruñaProceso de contratación dun técnico/a para a Oficina de Turismo

Proceso de contratación dun técnico/a para a Oficina de Turismo

- Anuncio -spot_img

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a apertura do proceso de contratación a tempo completo cunha duración de 3 meses dunha praza de técnica/o da Oficina de Turismo do Concello de Camariñas.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 12 de xullo e as persoas aspiriantes deberán posuír algunhas destas titulacións:

  • Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.
  • Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.
  • Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.
  • Dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo.
  • Grao ou licenciatura en Historia do Arte.
  • Grao ou licenciatura en Humanidades.
  • Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
  • Grao ou licenciatura en Historia.
  • Certificado HOT336_3 Promoción turística local e información ao visitante.

Este certificado é unha titulación que non se requiría nas bases dos procesos anteriores e a formación para a obtención deste impartiuse en varios municipios da comarca.

Publicacións Relacionadas