HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade destina uns 46.000 euros á mellora da estrada...

O Concello de Cerdedo-Cotobade destina uns 46.000 euros á mellora da estrada entre Caroi e Cavadosa

- Anuncio -spot_img

• Continúan as obras de pavimentado e arranxo de estradas na rede viaria para optimizar a vertebración interior do municipio

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar coas obras de mellora e pavimentación da estrada entre Caroi e Cavadosa que contou cun investimento duns 46.000 euros e incluiu tamén o pintado horizontal de todo o trazado que se atopaba en moi mal estado polo uso e pola incidencia das inclemencia metereolóxicas ao longo dos últimos anos.

Esta actuación, prevista dentro do plan municipal de mellora de estradas e da rede viaria, pretende optimizar a vertebración interior do concello ao mesmo tempo que se actúa sobre a seguridade viaria tanto de peóns como dos vehículos que diariamente transitan por este vial.

A estrada entre Caroi e Cavadosa atopábase moi deteriorada de foi precisa unha intervención en profundidade para eliminar fochancas e correxir desgastes na calzada polo uso continuado deste vial.

Os traballos de mellora na estrada Caroi-Cavadosa tamén contemplaron o pintando horizontal do vial co fin de mellorar a visibilidade das súas marxes, aumentar a seguridade do trazado e permitir unha mellor delimitación para que os usuarios poidan ter un mellor coñecemento da súa extensión.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela, “esta actuación entra dentro dos plans municipais para ir atendendo as demandas veciñais e todos aqueles viais que serven de vertebración interior do noso municipio para dotalos de seguridade vial, actualizar e mellorar o seu estado e facilitar a accesibilidade dos veciños ás súas casas, aldeas e a totalidade do territorio”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas