• Cubela: “Valoro con satisfación o ben que funciona o noso Estado de Dereito e aquí vemos como se aplica a lei por igual a todo o mundo, incluídas multinacionais e xigantes enerxéticas”
O Concello de Cerdedo-Cotobade ve con satisfacción o informe desfavorable feito público pola Subdirección Xeral de Enerxía da Xunta de Galicia relativo aos parques eólicos Siroco e Tramontana antes incluso de que remate o periodo de exposición pública e alegacións ao prever a instalación de gran parte das infraestruturas para garantir o seu funcionamento fóra da normativa establecida polo Plan Sectorial Eólico de Galicia.
Concretamente, no tocante ao parque eólico Siroco, de 61,6 MW, promovido por Greenalia Wind Power Siroco, S.L.U., todas as súas posicións, incluída parte da súa poligonal, “incumpren as disposición establecidas no Plan Sectorial Eólico de Galicia”, segundo recolle nas súas conclusións este informe vinculante.
O parque eólico Siroco pretendía instalar 11 aeroxeradores do modelo Vestas V150, de
5.600 kW cada un deles, cun diámetro de 150 metros e unha altura de buxe de 105 metros. Ante esto, os técnicos da Xunta, realizaron un estudo espacial do proxecto presentado pola promotora que inclúe unha representación gráfica do emprazamento das infraestruturas do parque eólico onde se pudo constatar que todas as súas posicións e parte da poligonal do parque atópanse emprazadas fóra das Áreas de Desenvolvemento Eólico incluídas dentro do Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997 e modificado por acordo do mesmo Consello o 5 de decembro de 2002.
A Subdirección Xeral de Enerxía basea o seu informe desfavorable no artigo 3.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e créanse o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, onde se establece que quedan sometidos a esta lei aquelas instalacións de produción de electricidade obtida
da enerxía eólica cuxa autorización, conforme ao artigo 27.13 do Estatuto de Autonomía sexa competencia da Comunidade Autónoma. Para o resto de instalacións deste tipo situadas en terreo da Comunidade Autónoma, que é o caso que nos ocupa, sonlles de aplicación os títulos II, III e V da citada lei.
De acordo co apartado anterior, a Lei 8/2009 indica no artigo 6.4 do título II de Planificación do aproveitamento eólico en Galicia que non se poderán implantar parques eólicos fóra das áreas incluídas no Plan Sectorial Eólico de Galicia.
O mencionado Plan Sectorial é o instrumento no que se definen aquelas áreas da Comunidade Autónoma nas que é posible desenvolver proxectos de aproveitamento da enerxía eólica (Áreas de Desenvolvemento Eólico). Por tanto, para os técnicos da Xunta o emprazamento do parque eólico Siroco incumpre claramente as disposicións da lexislación mencionada.
8 DAS 13 POSICIÓNS DO TRAMONTANA INCUMPRE O PLAN SECTORIAL EÓLICO DE
GALICIA
Polo que se refire ao Tramontana, de 72,8 MW, promovido por Greenalia Wind Power Tramontana, S.L.U. o informe desfavorable da Xunta baséase en que “8 das súas 13 posicións, a torre de medición, a subestación e parte da poligonal do parque incumpren as disposición establecidas polo Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
Este proxecto tiña previsto establecerse nos termos municipais de Silleda e Forcarei con 13 aeroxeradores de 5.600 kW cada un deles, cun modelo Vestas V150 cun diámetro de 150 metros e unha altura de buxe de 105 metros.
CUBELA: “OS VECIÑOS PODEN DURMIR MÁIS TRANQUILOS, PERO SEGUIREMOS
VIXIANTES E COA COMISIÓN DE SEGUEMENTO TOTALMENTE ACTIVA”
Para o alcalde de Cerdedo-Cotobade “o feito de que a Xunta non agarde ata que finalice o periodo de exposición pública e de presentación de alegacións para emitir este informe desfavorable quere dicir que é unha cuestión máis que clara de que estes parques eólicos incumpren a normativa e é boa mostra do bo funcionamento do Estado de Dereito ao ver como se aplica a lei por igual a todo o mundo, incluídos as multinacionais e as xigantes enerxéticas. Os nosos veciños poden durmir un pouco máis traquilos sen esquecer de que temos que seguir atentos e cun plantexamento consensuado e unido para defender os intereses da veciñanza e dos nosos lugares, únicos principios polos que nos guiamos neste tema”, indicou Cubela quen dixo que se manterán os traballos da Comisión de Seguemento impulsada polo Concello e da que forman parte os técnicos municipais, as comunidades de montes e os representantes de todas as formacións políticas




