HomePontevedraA ParadantaRematadas as obras de humanización de acceso ao Casco Urbano de Arbo

Rematadas as obras de humanización de acceso ao Casco Urbano de Arbo

- Anuncio -spot_img

• Horacio Gil, alcalde de Arbo, asinaba no mes de xaneiro de 2020 un convenio coa a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para financiar as obras.

• O Concello de Arbo segue traballando no mantemento e mellora das estradas do municipio, á vez que promove investimentos para promover a actividade económica

• Estas obras veñen para culminar a humanización deste vial de acceso ao núcleo urbano de Arbo, tras as obras executadas coa humanización da Rúa Antonia Tovar.

As obras que foron contratadas e adxudicadas pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta, que naceu como resposta á necesidade da humanización das aldeas de Galicia, que busca o achegamento de marcos urbanos aos seus habitantes adaptando e creando espazos públicos para as necesidades actuais.
As obras cunha inversión de case 170.000 euros, veñen a culminar a mellora do acceso ao casco urbano de Arbo, dende a rotonda da PO-400 a Praza Consistorio, despois da mellora na Rúa Antonia Tovar no ano 2017 realizada grazas a un convenio entre o Concello de Arbo e a Vicepresidencia da Xunta e coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que lle permite dispor de 100.000 euros.
O obxecto das obras consistiron na humanización da rúa San Benito, onde se realizaron beirarrúas, renovouse as redes de servizos. Dispuxeronse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellororouse a rede de abastecemento. Tamén se executaron canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica, colocouse novas luminarias led, así como dotouse o entorno de novo mobiliario urbano, prazas de aparcamento e zona axardinada

Mellorar os equipamentos e as dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos a fin de proporcionar unha oferta de calidade e adecuada ás necesidades da poboación a fin de incrementar o atractivo dos pobos e dos núcleos rurais do Concello de Arbo, son os fins primordial deste goberno, asegura o alcalde do concello Horacio Gil. Ademais deste convenio coa Xunta de Galicia, para mellora de infraestruturas municipais, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia vai a reforzar o firme e de construción dunha senda na contorna da antigo tramo da PO-400 en Cequeliños, o apoio de Augas de Galicia ao municipio na mellora do sistema de abastecemento de auga, para o que actuará de forma inmediata na impermeabilización dos depósitos de auga e redactará o proxecto para dotar de saneamento ao núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal. Tamén neste ano 2021 comenzas as obras de mellora da Estrada da Estación cofinanciadas pola Deputación Provincial, entre outras actuación que están en período de licitación – remata o rexedor Horacio Gil Expósito.

Publicacións Relacionadas