HomePontevedraO concello de Soutomaior ofrece clases gratuítas de ximansia acuática durante o...

O concello de Soutomaior ofrece clases gratuítas de ximansia acuática durante o verán

- Anuncio -spot_img
  • A actividade levará a cabo todos os miercoles na praia da Muxeira
  • O Concello de Soutomaior inicia esta semana o seu programa de ximnasia acuática de verán. As clases terán lugar todos os mércores do mes a partir das 18:00 horas na praia da Muxeira de Arcade. A participación é totalmente gratuíta e todas as sesións estarán dirixidas por persoal especializado.

  • No caso de que algún dos días en que levará a cabo a actividade haxa mal tempo ou a marea estea demasiado baixa, a clase realizarase na area da praia. Para participar non é necesario ningún tipo de equipamento e a única recomendación é a de levar calzado acuático, as coñecidas “ fanequeras”.

  • O aquagym é unha modalidade de fitness acuático que inclúe numerosos exercicios para a tonificación muscular de maneira divertida e saudable. A actividade está dirixida a veciños de todas as idades xa que a súa práctica, ao realizarse dentro da auga da praia, ten un risco de lesións moi baixo.

Publicacións Relacionadas