HomeDeputaciónsDeputación OurenseO ciclo “Verán nas vilas” ten ao líder de Danza invisible, Javier...

O ciclo “Verán nas vilas” ten ao líder de Danza invisible, Javier Ojeda, como protagonista

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa da Deputación de Ourense, que este ano une música e viño, comezou onte a súa xira de concertos no Castelo de Monterrei; mañá, quenda para á Rúa, e o 6 e 7 de xullo, Leiro e Montederramo

Manuel Baltar, quen asistiu ao concerto inaugural, afirma que esta “maridaxe entre música e viño supón, ademais, unha axuda na estratexia de recuperación económica e social no rural da provincia

O ciclo de concertos “Verán nas vilas”, unha iniciativa da Deputación de Ourense que este ano ten como protagonista ao líder do grupo Danza invisible, Javier Ojeda, comezou onte no Castelo de Monterrei a súa xira pola provincia de Ourense. En próximos días as actuacións terán lugar na Rúa (O Aguillón, 4 de xullo), Leiro (Mosteiro de San Clodio, 6 de xullo) e Montederrramo (Mosteiro de Santa María, 7 de xullo).

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen asistiu onte ao concerto inaugural do ciclo “Decantando viños ourensáns”, afirma que esta “maridaxe entre música e viño supón, ademais, unha axuda na estratexia de recuperación económica e social no rural da provincia, cando estamos cada vez máis preto de deixar atrás a pandemia”. O obxectivo desta acción cultural “é que o público poida gozar dun músico de primeira liña, como é Javier Ojeda, e á vez contribuímos a dinamizar comarcas do rural ourensán, levando alí espectáculos de gran calidade e interese”, expresa Baltar.

“Decantando viños ourensáns” aúna a vangarda musical dos novos temas de Javier Ojeda coa tradición monumental e vitivinícola de provincia de Ourense. Son cancións baseadas no viño, baixo o nome do seu novo disco, Decantando”, de diferente procedencia: boleros, reggae, rumbas, corridos, rock, baladas e funkys, que nestes concertos axudan a promocionar dous dos principais sectores da actividade económica de Ourense: viño e turismo.

Publicacións Relacionadas