Participarán 8 das máis activas plataformas do país
Cerdedo-Cotobade convertirase este sábado, día 10 de xullo, no epicentro da loita contra o
espolio eólico coa celebración dunha xornada in-formativa organizada por Acción Social e
Cultural CERCO que co título “Poñéndolle cerco ao espolio eólico na Galiza: experiencias de
loita” na que participarán algunhas plataformas das máis activas do país.
O Presidente de Cerco, o ilustrador Victor Rivas, presentou o programa da xornada,
acompañado polo Vice-Presidente de CERCO, Antón Mouriz, o portavoz municipal do BNG en
Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, e o responsábel local, Anxo Santomé.
A xornada -aberta á toda veciñanza, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas e veciñais, até completar o aforo permitido- comezará ás dez da mañá cunha mesa redonda e de debate no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo, coa participación dos seguintes colectivos:
• ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
• OPOSICIÓN AO PROXECTO EÓLICO DO MONTE DA NEVE (Celanova)
• AA.VV. O OUTEIRO DE SAN MAMEDE DE MONTE (A Baña)
• SALVEMOS O TÁMEGA (Monterrei, Vilar de Barrio e Laza)
• COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS (Gondomar)
• ADECOM (Asociación de defensa da Costa da Morte)
• OPOSICIÓN AO PROXECTO EÓLICO DE OS COTOS (Cerdedo-Cotobade)
• ASEMBLEA DE SUÍDO (Covelo)
A xornada continuará no patio do colexio San Xoán Bautista de Cerdedo, cun xantar picnic,
previsto para ás 14.30 h. ao que todo o mundo se pode sumar co seu propio xantar, con
actividades lúdicas vencelladas ao ecoloxismo e ao coidado do medio rural para a rapazada así
como conversas e intercambio de experiencias na loita contra o espolio eólico, a partir das 17 h..
A xornada rematará ás 19 h. cun concerto a cargo da “Banda de Aló”, un grupo participado por
músicos de Cerdedo-Cotobade, que fan música do país.




