A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, convocou a Comisión de Traballo para elaborar a ‘Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venta e publicidade do alcohol’, a “ordenanza do botellón”, ao que se comprometeu no último Pleno do Concello.
“Non hai tempo que perder e todos os grupos debemos ter claro que está nas nosas mans, a través do consenso, acadar canto antes unha normativa municipal que nos permita controlar con maior eficacia unha práctica, a do botellón, que é ilegal”, sinala Eugenia Díaz Abella.
A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, convocou a Comisión de Traballo para elaborar a ‘Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venta e publicidade do alcohol’, a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”. Logo de falar co resto de grupos municipais para axilizar este asunto, e tal e como se comprometeu no último Pleno do pasado venres, 2 de xullo, retómase a elaboración dunha ordenanza este vindeiro mércores, 14 de xullo, ás 10 da mañá,
Eugenia Díaz Abella retoma así o traballo iniciado o 26 de novembro de 2019 e paralizado desde finais de xaneiro de 2020 debido á irrupción da pandemia. “Nas reunións celebradas deste equipo de traballo, a colaboración e a vontade de chegar a acordos baseados no diálogo foi sempre unha constante, algo que lle agradezo tanto aos grupos políticos como aos demais organismos e entidades que están a aportar achegas para que o texto da ordenanza, elaborado xa no anterior mandato, sexa o máis completo e acaído para a situación actual, que a todos nos preocupa”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella. Lembra a concelleira de Servizos Sociais que “o botellón non só é unha práctica insalubre, molesta e ilegal, xa que a todo isto se lle suma que hoxe por hoxe é un foco de contaxio moi preocupante da COVID”.
Así, a vindeira reunión para avanzar neste asunto será o vindeiro mércores, 14 de xullo ás 10 da mañá. “Non hai tempo que perder e todos os grupos debemos ter claro que está nas nosas mans, a través do consenso, acadar canto antes unha normativa municipal que nos permita controlar con maior eficacia unha práctica, a do botellón, que é ilegal”.




