Dentro das actividades que nos trae, para este verán, o Concello de Baiona dentro da súa axenda cultural Baiverán, atópanse catro roteiros guiados organizados polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que nos permitirán coñecer a nosa contorna da man de persoas expertas.
O proximo venres 9 de xullo dáse o pistoletazo de saída ás coñecidas como “ Xeiras do Verán do IEM”. Ás 18:30 h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá un roteiro baixo o título “ Orixes do Mosteiro de Oia. Ermitáns en San Cosme”.
O punto de encontro será en Chan dá Lagoa. O historiador baionés fará unha aproximación á vida dos monxes do mosteiro de Santa María, a primeira comunidade ermeritoria en San Cosme alá polo Século VI. Así mesmo,Rodríguez Lemos fará ás persoas asistentes un percorrido que transcorrerá cun completo e pormenorizado relato histórico pola aldea medieval de San Cosme e a súa eremitorio unificado ao mosteiro de Oia. O roteiro terminará na Fonte Santa.
Estará presente un intérprete de linguaxe de signos para persoas xordas.
Para participar é imprescindible a inscrición previa na Oficina de Turismo ao haber número limitado de prazas debido ás medidas preventivas #ante a COVID-19, recollidas no DOG. 120 do 25 de xuño.
Quedan poucas prazas dispoñibles para este primeiro roteiro.
INSCRICIÓNS:
As inscricións poden facerse a través dos seguintes medios:
• Email: oficinadeturismo@baiona.gal
• Teléfono: 986 68 70 67
• Presencialmente na oficina de turismo de Baiona no seguinte horario: luns, de 10:00 a 14:00; martes e mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. A partir do 1 de xullo o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
ROTEIROS
ORIXES DO MOSTEIRO DE OIA: ERMITÁNS EN SAN
COSME O punto de encontro será en Chan de Lagoa.
Roteiro dirixido por Anxo Lemos.
Data: 9 de xullo.
POLOS CUMES DA GROBA: NATUREZA E PATRIMONIO
O punto de encontro será en Chan de Lagoa.
Roteiro dirixido por Xilberte Manso e Xosé Ramón García.
Datas: 23 de xullo e 13 de agosto.
A VIRXE DE CELA: A HISTORIA QUE CHEGA POR MAR
O punto de encontro será a Igrexa de Baredo
Roteiro dirixido por Anxo
Lemos Data: 27 de agosto




