Os traballos comezarán o luns na praza Sorolla
O Concello de Ourense iniciará o vindeiro luns, día 12 de xullo, traballos de reposición do firme da praza Sorolla, praza da Chave e un pequeno tramo na intersección da rúa Ervedelo coa N-525. As actuacións iniciaranse o luns na praza Sorolla. A duración estimada destas actuacións é de 3 días.
O Concello prega desculpas polas molestias que a execución destes traballos poidan ocasionar ás persoas que residen ou circulan nos seus vehículos por estas vías. As obras son necesarias para garantir o correcto estado das vías, no programa de actuacións que o Concello está a desenvolver en diferentes rúas da cidade.




