HomeVigoNigránO concello de Nigrán estrea un gran "Leira-Parking" público e gratuíto no...

O concello de Nigrán estrea un gran “Leira-Parking” público e gratuíto no bulevar de Praia-América

- Anuncio -spot_img

Trátase de 4.000 metros cadrados de terreo cedidos polos seus propietarios cunha capacidade para máis de 200 coches e a menos de cen metros da praia no extremo de Lourido

O Concello dispón desde hai catro anos dunha finca ao carón do río Muíños con capacidade para 80 vehículos e doutro leiraparking público en frente da Casa Consistorial, en pleno centro urbano de Nigrán

O Concello de Nigrán estrea esta fin de semana un novo ‘leiraparking’ público e gratuíto de 4.000 metros cadrados e con capacidade para máis de 200 coches no Bulevar de Praia América, a menos de cen metros liñeais da praia no extremo de Lourido. Os catro terreos foron cedidos polos seus respectivos propietarios e o Concello procedeu a acondicionalos para este novo uso que permite aos donos despreocuparse do mantemento obligatorio das fincas (a lei de prevención de incendios obriga a efectuar rozas da vexetación). O obxectivo é poder amplialo outros 2.000 metros coas fincas privadas anexas, cuestión que o goberno local xa está a negociar.

“Trátase dun espazo privilexiado para aparcar e vir a praia e moi necesario no verán para facilitar a chegada á mesma mediante vehículo privado, sen dúbida é unha moi boa nova para o municipio”, sinala o alcalde, Juan González.

O Concello de Nigrán habilitou hai catro anos unha pequena parcela ao caron do río Muíños con capacidade para 80 coches e, xa no centro urbano de Nigrán, no 2020 alugou unha finca de 2.500 metros cadrados a menos de 150 metros da Casa Consistorial tamén para este fin.

Publicacións Relacionadas