- O club participou con doce deportistas que lograron dez ouros, catro pratas e dous bronces
- O club Kick Boxing Arcade conseguiu uns resultados históricos no Campionato de España Tatami Sport e Muaythai, que se celebrou do 1 ao 4 de xullo en Azuqueca de Henares, Guadalaxara. O club logrou clasificar a un total de 12 deportistas para o campionato nacional e coas súas actuacións foi un dos habituais do pódium da competición e un dos grandes triunfadores da cita.
Os medallistas Mara Ricón, ouro en point fighting e ouro lixeiro contact da categoría cadete feminino; Cael Salamy, ouro en point fighting e prata en lixeiro contact en cadete masculino; Mia Sofía, ouro en lixeiro contact e ouro en lixeiro contact en cadete maior feminino; David Sobral, ouro en point fighting e ouro en lixeiro contact en cadete maior masculino; Naiara Pereira, bronce en lixeiro contact junior feminino; Naiara Penas, prata en point fighting junior feminino; Fátima Rodriguez, prata en point fighting e prata en lixeiro contact en junior feminino; Anxo Vidal, ouro en point fighting e ouro en lixeiro contact junior masculino; Verónica Álvarez, ouro en point fighting senior feminino e Francisco Javier Sotelino, Bronce en lixeiro contact.
Óscar Carracelas e Adrián Sabaxáns tamén representaron ao club de Arcade na categoría senior masculino clasificando nos primeiros lugares, pero sen lograr medalla.




