HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade inicia o saneamento de Paraños (Carballedo) a través...

O Concello de Cerdedo-Cotobade inicia o saneamento de Paraños (Carballedo) a través dun humidal artificial de alta eficiencia ecolóxica e medioambiental

- Anuncio -spot_img

• Cubela anima aos veciños a solicitar a conexión á rede municipal de sumidoiros e evitar así a apertura de expedientes

O Concello de Cerdedo-Cotobade avanza no saneamento integral dos núcleos de poboación rural no municipio a través da posta en funcionamento do humidal artificial no lugar de Paraños, na parroquia de Carballedo.

Esta nova infraestrutura favorecerá o sanemento integral das zonas rurais e eliminará os focos contaminantes procedentes das augas residuais procedentes, fundamentalmente, das vivendas da zona. Para elo, os veciños do lugar de Paraños deberán solicitar a conexión á rede municipal de sumidoiros nas oficinas municipais mediante o sistema de comunicación previa e o abono da taxa correspondente.

Unha vez concluído este proceso, os servizos municipais procederán á comprobación da conexión de cada vivenda á rede municipal iniciándose o expediente correspondente daqueles inmobles que non estean conectados de xeito legal.

O alcalde, Jorge Cubela, insistiu na necesidade de que todas as vivendas se dean de alta na rede de sumidoiros “porque deste xeito contribuiremos de xeito solidario e colectivo a resolver un problema de contaminación no rural ao tempo que se lle dá o uso esperado ás infraestrutura de saneamento que pon en marcha o Concello. É mellor que todo o mundo colabore e evitar así que os servizos municipais teñan que facer inspeccións e abrir expedientes a aqueles veciños que incumpran a obriga de conectarse á rede de sumidoiros”, indicou o rexedor.

Os humidais artificiais, como o que entrará en funcionamento no lugar de Paraños, son sistemas de depuración nos que se reproducen os procesos de tratamento de auga, en concreto, de redución de contaminantes que teñen lugar nos humidais naturais.

CARACTERÍSTICAS DOS HUMIDAIS ARTIFICIAIS COMO ELEMENTOS PARA O TRATAMENTO DAS AUGAS RESIDUAIS

Os humidais artificiais pertencen ás denominadas tecnoloxías non convencionais, ou de baixo consumo de tratamento de auga residual que se están a implantarse en numerosos municipios de España e son unha magnífica opción para municipios e pequenas poboacións cun número de habitantes limitado, nunca superior a 2.000 persoas.

A idea fundamental é que carbono, fósforo e outros metais pesados queden inmobilizados no sedimento do humidal de maneira permanente.
O seu funcionamento é similar a un espazo natural. Estes humidais artificiais permiten depurar a auga filtrando os refugallos nun espazo reducido e controlado

A formación dun humidal artificial ten en conta estes tres elementos: O substrato ou material granular, que ten a función de soporte á vexetación e posibilita a fixación da biopelícula bacteriana que intercede na gran maioría dos procesos de eliminación de contaminantes orgánicos das augas residuais. As plantas, na súa maioría macrófitas emerxentes que interveñen na a osixenación do substrato radical e á eliminación de contaminantes por absorción. E a auga residual con alta carga de contaminación que achega o alimento ás plantas e despois de atravesar o humidal perde esa DBO5, adoitados en suspensión, e retorna ao leito nuns parámetros de calidade superiores ao comezo do tratamento.

Publicacións Relacionadas