Ponteareas é xa oficialmente unha Cidade Amiga da Infancia. Representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e Unicef España entregaron este mércores nunha cerimonia virtual os recoñecementos ás 72 entidades locais que renovaban esta distinción e aos 73 municipios, mancomunidades e deputacións que o recollían por primeira vez, entre eles o Concello de Ponteareas.
Trátase dun recoñecemento ao exercicio de responsabilidade feito polo Goberno municipal para poñer no centro das decisións políticas a un grupo de poboación que é presente e futuro da sociedade: aos nenos, nenas e adolescentes. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, estivo presente na cerimonia.




