A convocatoria, fixada para o día 19 ás 9.00 horas, foilles remitida a todos os grupos políticos con representación no Concello
O goberno local informará, na mesma sesión, sobre os datos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica antes de debater novamente sobre a súa rebaixa
Os voceiros dos grupos municipais do Concello de Ourense están convocados, este luns 19 de xullo ás 9.00 horas, a unha xuntanza na que debaterán o calendario dos vindeiros plenos e o réxime de participación, especialmente no tocante ás quendas de intervención dos concelleiros non adscritos.
A convocatoria ten catro puntos na orde do día: Discusión sobre as datas de celebración das futuras sesións plenarias; estudo da composición das Comisións de Pleno e do réxime de participación dos concelleiros non adscritos nas sesións plenarias; posta en coñecemento dos datos sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM); rogos e preguntas.
Esta vindeira semana celebrarase, ademais, un pleno extraordinario para a aprobación da modificación da ordenanza fiscal que permita a baixada dun 40% o IVTM, proposta que retirada da última sesión plenaria cos votos a favor de PSdeG, BNG e de dous concelleiros non adscritos- “para mellor estudo”.




