Estas actuacións requirirán a realización de cortes de tráfico para a súa realización
Este luns, día 19 de xullo, comezarán as obras de pavimentación das rúas Xesús Pousa (dende o edificio da Policía Local deica a Locomotora) e Chavasqueira de Arriba, dando así continuación ao programa de mantemento de estradas do Concello de Ourense.
Rúa de XESÚS POUSA (tramo de SUBIDA) dende a rúa Basilio Álvarez ata a rúa de San Rosendo:
Comezarase o luns na calzada de subida dende a rúa Basilio Álvarez ata a rúa de San Rosendo.
Estímase que a duración da actuación será de dous días (luns e martes)
Pecharase o tramo de subida da rúa por completo ao tráfico rodado mentres duren os traballos.
Rúa de XESÚS POUSA (tramo de BAIXADA) dende a rúa de San Rosendo ata a rúa Basilio Álvarez:
Unha vez finalizada a reposición do pavimento da rúa de subida comezarase co tramo de baixada.
Unha vez que se comece ca reposición do pavimento do tramo de baixada, abrirase ao tráfico o tramo de subida xa executado.
Estímase que a duración da actuación será de dous días (mércores e xoves).
Pecharase este tramo de baixada da rúa por completo mentres duren os traballos.
Rúa CHAVASQUEIRA DE ARRIBA:
Comezarase tamén o luns co estendido de pavimento bituminoso.
Estímase que a duración dos traballos será de un día.
Será necesario pechar por completo o tráfico da rúa.
Achegamos plano orientador dos desvíos e/ou peches de rúas que están previstos na execución das actuacións.




