Alcaldes, tenentes de alcalde, concelleiros e técnicos municipais canarios supervisaron ás unidades de recollida que a empresa ourensá Solgaleo ten instaladas a proba en Ourense.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu a unha delegación de representantes políticos canarios, de visita en Ourense, para ver os contedores de Molok, instalados a proba na cidade pola empresa Ourensá Solgaleo. Os representantes canarios compartiron co rexedor ourensán, no salón de plenos, as súas inquedanzas en materia de recollida de lixo e, en especial en como dar resposta dun xeito eficiente e sostible.
Estes representantes proviñan da Isla da Palma, alcalde e concelleiro de El Paso, concelleiro de Servizo de Los Llanos e un técnico de Breña Baja; de Tenerife: o alcalde de Arico, o alcalde de San Miguel de Abona, un concelleiros un técnico, o primeiro tenente de alcalde de Güímar e unha técnica e un enxeñeiro do Médano.(CC)
Un técnico do Concello de Ourense acompañou a esta delegación na súa visita para verificar o correcto funcionamento, nun acto que tivo lugar na isla situada na rúa Florentino Cuevillas, dispondo incluso dun camión para que puidesen ver o proceso de recollida dalgún destes contedores.




