HomeOurenseRelación de asuntos Xunta de Goberno Local 19/7/21

Relación de asuntos Xunta de Goberno Local 19/7/21

- Anuncio -spot_img

Na sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria do pasado xoves, abordáronse 21 asuntos.

Repartíronse 79.000 euros en axudas á rehabilitación para cinco vivendas da ARRU do Núcleo Etnográfico de Seixalbo – 11ª fase.

Acordouse a retirada do fotomatón da rúa Mestre Vide, que deberá facerse efectiva nos 15 días posteriores á recepción da notificación.

A xunta de goberno local, reunida esta mañá en sesión extraordinaria -en substitución da ordinaria do pasado xoves-, deu conta de 21 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Avogacía consistorial (6). Cinco sentenzas e unha comparecencia.

O Concello foi emprazado para comparecer nun procedemento interposto por un particular contra unha resolución do Tribunal Económico Administrativo sobre o Imposto sobre o Incremento de Valor de Terreos de Natureza Urbana dunha vivenda.

Ademais, coñecéronse tres sentenzas relacionadas con este mesmo motivo: unha delas desestimatoria, as outras dúas estimatorias -o Concello deberá devolverlle aos reclamantes 5.014,25 e 17.539,72 euros respectivamente-.

As outras dúas sentenzas estiman os recursos do Sindicato da Administración Pública (SAP) e da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) contra a aprobación dos orzamentos 2020 do Concello de Ourense. Coma nos casos anteriores, están referidas unicamente ao Capítulo 1, o de Persoal. A sentenza estima os recursos ao entender a obriga de negociar cos actores sociais ao introducirse modificacións substanciais en relación á situación reflectida pola Relación de Postos de Traballo. As sentenzas non son firmes, e o Concello interporá recurso de apelación.

Licenzas (2). Decláranse prescritas dúas infraccións urbanísticas consistentes na carencia da licenza municipal de segregación para dúas parcelas emprazadas en diferentes puntos da cidade.

Patrimonio (5). Desestimáronse reclamacións de responsabilidade patrimonial por lesións sufridas por unha caída na rúa Esgos e polos danos materiais e persoais ocasionados por senllos accidentes en moto -a causa dunha substancia escorregadiza na estrada, un, a causa do mal estado do firme, outro-, ao non concorrer os requisitos que dan dereito a unha indemnización.

O Concello requiriralle a un particular o pago de 109,81 euros polos danos causados nun sinal vertical na rúa Faílde Gago con Luís Trabazos.

Finalmente, estímase a reclamación dun particular e recoñéceselle a titularidade dun ramal na rúa da Costa, coñecido como Pasaxe da Costa.

VPP e Peris (5). Concedéronse axudas para a rehabilitación de cinco vivendas dentro da ARRU do Núcleo Etnográfico de Seixalbo – 11ª fase. Estas axudas son para o financiamento das obras de rehabilitación -mellora da eficiencia enerxética e conservación- de inmobles da rúa Nova, que percibirán importes de 3.930,27 euros, 21.391,30 euros, 20.773,31 euros, 11.490,83 euros, e 21.381,30 euros respectivamente.

Comercio (3). Acordouse a retirada do fotomatón da rúa Mestre Vide, deixando sen efecto a autorización de xaneiro de 1994 por estar caducada e por terse producido unha transmisión da mesma sen consentimento municipal. Deberá facerse efectiva nos 15 días posteriores á recepción da notificación.

Ademais, prorróganse dúas concesións para a explotación da cafetería con terraza na Alameda durante un prazo de seis meses, até xaneiro de 2022.

Publicacións Relacionadas