HomePontevedraCaldasO agresor do portavoz municipal do BNG en Caldasde Reis, Manuel Fariña,...

O agresor do portavoz municipal do BNG en Caldasde Reis, Manuel Fariña, condeado

- Anuncio -spot_img

Fariña salienta que “o máis triste é que máis dun ano despois, os entullos continúen no mesmo lugar sen que ninguén se preocupase de facelos retirar

O tribunal de instancia e instrución nº 1 de Caldas de Reis condeou ao agresor do portavoz
municipal do BNG en Caldas de Reis, Manuel Fariña, a 45 días de multa, ao pago das costas e a indemnizar ao agredido, ao considerar o tribunal probada a agresión.

Compre lembrar que as orixes da agresión foi unha denuncia política feita no Concello de
Caldas de Reis polo portavoz municipal do BNG, Manuel Fariña, sobre uns vertidos ilegais de
escombro nos montes de Saiar.

A sentenza, que desmonta a versión do agresor, recolle así os feitos probados:
“5 de marzo de 2020, sobre as 11.40 horas, o denunciante, Manuel Fariña Souto, a petición do
denunciado acompañou a este, Juan José Caamaño Iglesias, a unha parcela forestal sita en
Cardín, sobre a que Manuel Fariña denunciara previamente a existencia duns vertidos.
Unha vez que chegaron alí, e tras unha discusión, Juan José Caamaño , con ánimo de atentar contra a integridade física de Manuel, dirixiulle o puño á cara, o que provocou a caída deste.

Unha vez no chan, Manuel dirixiuse cara Juan José e díxolle: “paréceche esta a forma de
amañar as cousas?” ao que o denunciado lle respondeu “douche unha e douche vinte, porque as mereces e porque teño huevos para darchas e porque eres un fillo de puta”. Manuel Fariña afirmou que o que máis lle doe é que, “ano e medio despois da denuncia e da agresión, a parcela na que se realizaron os vertidos continúe igual que antes sen que ninguén faga nada”. “É indecente -dixo- o desprezo dalgunha persoa polo medio ambiente pero tamén o é a deixadez absoluta das administración que teñen que velar porque o noso medio natural esté nas mellores condicións posíbeis”.

Sobre a sentenza, o portavoz nacionalista, mostrou a súa satisfación, aínda que afirmou “non entender como se pode dicir que unha denuncia feita na súa condición de concelleiro está á marxe da actividade propia dun concelleiro”:
“Eu -dixo o portavoz nacionalista” continuarei defendendo o interese público, o monte e o medio ambiente de Caldas de Reis, e agardo que as autoridades competentes deixen de mirar cara outro lado e defendan, dunha vez por todas, un ben que é de todos os caldenses e de todas as caldensas”

Publicacións Relacionadas