HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello renova o alumenado público na travesía de Quireza con luminarias...

O Concello renova o alumenado público na travesía de Quireza con luminarias LED de baixo consumo

- Anuncio -spot_img

• Cun investimento duns 50.000 euros procédese a substitución de 38 puntos de luz cun aforro enerxético estimado do 49,41%

O Concello de Cerdedo-Cotobade leva a cabo a renovación do alumeado público na travesía de Quireza, cun investimento total de 49.855,09 euros, dentro do convenio denominado “Iluminación exterior sostible IV” asinado coa Deputación Provincial e financiado ao 80% polos Fondos Feder a través da convocatoria de axudas a entidades locais para proxectos singulares que favorezan o paso a unha ecomomía baixa en carbono do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) no marco do programa operativo Feder de Crecemento sostible 2014-2020.

Esta actuación contempla un orzamento de 49.855,09 euros dos cales a 39.884,07 proceden da axuda outorgada polos Fondos Feder, mentras que a Deputación Provincial aporta 7.478,26 euro e o Concello de CerdedoCotobade, 2.492,76 euros.

A mellora no aforro enerxético previsto nesta actuación centrada na travesía de Quireza permitirá renovar 38 puntos de luz e contará cunha diminución no consumo que os técnicos fixan nun 49,41% de electricidade con respecto ás luminarias que viñan prestando o servizo no alumeado actual.

O investimento realizado tamén contempla a colocación dun novo e máis eficaz cadro de mando que permitirá tamén diminuir a potencia utilizada dos 3,19 kW actuais a 1,61 kW que disporá a nova instalación cun aforro enerxético moi importante. Ademais, procederase a substitución das lámpadas actuais por outras máis eficientes de tecnoloxía LED e tamén os balastros electromagnéticos por electrónicos.

No proxecto tamén se contempla a instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos, cando sexa necesario, e sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante preprogramación da luminaria.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela, “esta actuación permítenos ir avanzando na substitución de tecnoloxía obsoleta e máis contaminante por outra de menor consumo e máis acorde coa conservación do medio ambiente.

Imos afrontando estas renovacións dentro dun plan municipal orientado a fortalecer o noso compromiso de reducir ao máximo a aportación de CO2 á atmósfera ao tempo que tamén diminuímos o gasto en consumo eléctrico. Estamos moi concienciados sobre este tema e iremos dando pasos firmes e constantes ata conseguir extender esta nova tecnoloxía a
todo o concello”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas