A mostra consta dunha trintena de óleos de temática variada, aínda que salientan as
paisaxes, as mariñas, os pousados e unha serie sobre geishas.
Artista ferrolá con máis de quince anos de traxectoria, Julia Pita mantivo os seus primeiros
contactos co mundo da pintura nas clases de pintura do mestre José Ángel Montero. Até a
actualidade, ten realizado exposicións no Club de Tenis de Redes, no Casino de Ares, en
Mugardos, no Froiz de Narón e no Club de Campo de Ferrol.
A exposición de pintura de Julia Pita amosarase até o vindeiro sábado 17 de abril na sala
de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene, A
Coruña). Durante a Semana Santa -dias 28, 29, 30 de marzo e 5 de abril- o horario da
sala de exposicións será únicamente de mañá, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. A
partir desa data, o horario será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a
21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
Exposición na Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé acolle tamén nestas datas unha exposición
bibliográfica de poesía cunha selección de obras poéticas dirixidas a lectores de todas as
idades. A mostra, artellada con motivo da conmemoración do Día da Poesía, manterase
nestas instalacións municipais até o vindeiro 10 de abril.




