HomeA CoruñaA Feira do Corredor volve hoxe á Coruña, tras sete anos de...

A Feira do Corredor volve hoxe á Coruña, tras sete anos de ausencia, como antesala do maratón Coruña42

- Anuncio -spot_img

Durante a celebración da proba o vindeiro domingo haberá diversos cortes de tráfico con desvíos sinalizados

O Palexco acolle esta fin de semana a Feira do Corredor (Exporunning), un evento que non se celebraba na cidade desde o ano 2015 e que, plantexada como unha das actividades complementarias ao maratón Coruña42 que se celebrará este domingo, permitirá á cidadanía coñecer as últimas tendencias en nutrición e materiais deportivos, así como a asistencia a coloquios relacionados co deporte, a psicoloxía e fisioterapia.

A Feira do Corredor estará aberta á cidadanía desde este venres, 30 de setembro (de 17.00 a 21.30 horas), coa segunda e última xornada prevista este sábado 1 de outubro (de 10.00 a 20.00 horas).

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, puxo en valor “a proposta didáctica e divulgativa” da Feira do Corredor, que neste 2022 conta coa atleta galega Julia Vaquero como a madriña da edición. Vaquero será, ademais, unha das principais protagonistas nos coloquios que terán lugar este sábado no Palexco, compartindo mesa co tamén atleta coruñés Andrés Díaz, representante nacional nos Xogos Olímpicos de Atlanta e Sidney nos anos 1996 e 2000.

Os horarios dos coloquios deste sábado son os seguintes:
● 17.00 a 17.30 horas: Saúl Sánchez, nutricionista.
● 17.30 a 18.00 horas: Madó González, psicóloga deportiva.
● 18.00 a 18.30 horas: Rodrigo Gavela, campión de España de maratón, sobre o adestramento.
● 18.30 a 19.00 horas: Mesa redonda con Saúl Sánchez, Madó González, Rodrigo Gavela e os atletas Andrés Díaz e Julia Vaquero.

ANEXO
Alteracións ao tráfico previstas pola Coruña42 deste domingo, 2 de outubro
De 5.00 a 13.15 horas: Corte total da avenida de Montoto (desde Ambrosio Feijoo ata Porta Real), para montaxe do arco de saída.
Sobre as 5.00 horas: Comezo da montaxe dos desvíos nas estradas de titularidade estatal:
● AC-12, Avenida da Pasaxe, sentido entrada cidade: Desvíase o tráfico cara ao enlace de Casablanca.
● AC-11, Avenida de Alfonso Molina, sentido entrada cidade: Estréitase a calzada quedando en servizo o carril dereito conectando coa avenida do Porto.
● AC-14, Terceira Rolda, sentido entrada cidade: Desvíase o tráfico cara á glorieta de Lonzas, quedando cortado o viaduto de conexión con Salgado Torres.

De 7.30 a 12.30 horas: Corte total da avenida da Mariña – Cantón Grande – Cantón Pequeno – Sánchez Bregua – Linares Rivas – Primo de Rivera – estrada de acceso ao Porto – vías interiores de Autoridade Portuaria – avenida do Exército – Posse – Alcalde Marchesi –
Ramón y Cajal – Alcalde Pérez Ardá – Salvador de Madariaga – Enrique Salgado Torres (ata a glorieta de Lonzas), montándose os seguintes dispositivos de tráfico:
● Mantense un carril de saída da cidade desde Juana de Vega ata Alfonso Molina.
● Mantense un carril de saída desde A Palloza ata Ramón y Cajal.
● O acceso cara á zona portuaria realízase a través do enlace de Casablanca – glorieta de Oza.
● En Ramón y Cajal o tráfico desvíase cara á avda. de Oza.
● En Fernández Latorre xerarase unha pequena rotonda para o cambio de sentido á altura de Benito Blanco Rajoy.
● Cruzamento da rolda de Outeiro con Pérez Ardá:

○ No sentido Estación de Ferrocarril xerarase unha pequena rotonda para o
cambio de sentido á altura de Roberto Tojeiro Díaz.
○ No sentido Gaiteira, o tráfico desvíase cara á avenida Alcalde Pérez Ardá –
Cabaleiros.
● Na rúa Cabaleiros instalarase unha pequena glorieta para o cambio de sentido
no acceso ao aparcadoiro da Xunta.
● Na avenida de Monelos instalarase unha pequena glorieta para o cambio de
sentido á altura de Juan Neira.
● En José Miñones Bernárdez crearase o cambio de sentido ocupando
parcialmente a glorieta do mercado de Elviña.
● En Salvador de Madariaga mantense a conexión coa rolda Camilo José Cela á
altura do Club Financeiro.
● Córtase a conexión de Xeneral Rubín con Enrique Salgado Torres.
● A carreira ocupa o carril exterior da glorieta de Lonzas, no lado de Salgado
Torres, quedando o resto dos carrís abertos ao tráfico.
De 8.05 a 8.30 horas: Corte total de Juana de Vega, despois ata as 12.15 horas só se
cortará o sentido cara a San Andrés, manténdose o tráfico sentido saída cidade praza
Pontevedra – Sánchez Bregua.
De 7.45 a 13/13.30 horas: Corte total de San Andrés – rúa Alta – Paseo Marítimo ambos os
sentidos desde As Escravas ata a Torre de Hércules – Manuel Murguía ata Pedro Ferrer –
Sol – San Andrés – rúa Nova – rúa Real – Rego de Auga – Praza de María Pita, (as rúas
iranse abrindo a medida que pase a cola de carreira)
● Córtase o acceso á rúa Orzán desviándose o tráfico por Zalaeta e por Panadeiras.
● Córtase o acceso á rampla do Matadoiro, desviándose o tráfico por Adelaida Muro – Cantábrico.
● Córtase o acceso a Santa Teresa desde Ángel Rebollo.

● Córtase o acceso desde Estrada de Circunvalación desviándose pola rúa Lagoas.
● Montarase unha pequena glorieta para o cambio de sentido nas proximidades do Paseo Marítimo en: Rúa Hospital; Curros Enríquez.
● Mantense parcialmente operativa a glorieta da Torre de Hércules permitíndose a entrada e saída ao aparcadoiro, dando tráfico alternativo na propia glorieta.
● Mantéñense abertos ao tráfico os dous carrís desde avda. A Habana – praza de Portugal – avenida de Buenos Aires – Rubine, neste sentido.
● Manuel Murguía córtase co paseo de Rolda, permitíndose só o acceso a Pedro Ferrer para residentes e acceso a garaxes.
● En Almirante Lángara desvíase o tráfico por María Luisa Durán Marquina.
● En San Roque de Fóra o tráfico desvíase polo paseo de Rolda – Naútica.

OUTRAS ALTERACIÓNS
BUSES URBANOS:
De 7.30 a 13.30 horas, este evento afecta considerablemente a TODAS as liñas de buses urbanos, lembrando que a única conexión con Cidade Vella – Monte Alto débese facer por Alfonso Molina – Linares Rivas – avenida do Porto – túnel da Mariña. Mantense a conexión Catro Camiño co Miradoiro dos Castros pola avda. de Oza.

BUSES INTERUBANOS:
De 7.30 a 13.15 horas: Suprímense as paradas de Catro Camiños – praza de Ourense – Entrexardíns.
De 7.30 a 11.30 horas: Modifícase o acceso á estación de autobuses para todas as liñas ao cortarse Enrique Salgado Torres, Fernández Latorre, Ramón y Cajal, co cal os itinerarios
serían:

● De entrada: Alfonso Molina – rolda de Outeiro – Alcalde Pérez Ardá, polo carril esquerdo da calzada sentido Elviña.
● De saída: Alcalde Pérez Ardá – rolda de Outeiro no sentido Estación de Ferrocarril.
● Para garantir o cruzamento dos buses urbanos neste tramo haberá presenza policial para xestionar a prioridade de paso.

PARADA DE TAXIS:
Suprímense TODAS as paradas de taxis situadas no percorrido aclarando que se mantén a do paseo da Dársena – Porta Real.

ACLARACIÓNS:

  1. Para entrar e saír á zona de Cidade Vella – Monte Alto débese facer pola avenida de Alfonso Molina – Linares Rivas – avenida do Porto – túnel da Mariña.
  2. En todo momento queda operativa a avenida de Oza como conexión de catro Camiños co Miradoiro dos Castros, en ambos os sentidos.
  3. O acceso á Casa do Mar realizarase desde a praza de Catro Camiños – praza da Palloza e a saída por Ramón y Cajal – avenida de Oza.
  4. RECOMENDACIÓNS:
    Evitar, na medida do posible, o uso do vehículo particular entre as 07.30 e as 13.00 horas.
    En caso de necesidade, poderán utilizar os seguintes itinerarios e seguindo as indicacións dos axentes e persoal de organización.
  5. ● ACCESO CIDADE VELLA E MONTE ALTO:
    Alfonso Molina, Linares Rivas, av. do Porto/do Porto, túnel de María Pita, prza. das Atochas,
    Orillamar.
  6. Alfonso Molina polo carril habilitado.
  7. ● ACCESO A ENSANCHE E PESCARÍA:
  8. Avda. Alfonso Molina, Castiñeiras e Federico Tapia. – Desde Monelos, por rúa Cabaleiros, Marqués de Amboage. Enrique Hervada. Castiñeiras. Federico Tapia. Por avda. de Fisterra e Juan Flórez.
  9. ● SAÍDA DO ENSANCHE:
  10. Estará habilitado o carril dereito desde a praza de Ourense ata a av. de Alfonso Molina, por pza. de Pontevedra e Juan Flórez.
  11. ● SAÍDA DE PESCARÍA:
  12. A través de Juan Flórez, dirección avda. Alfonso Molina ou ben a través da avda. Arteixo.
  13. Os usuarios e residentes na zona San Andrés, Orzán, deberán acceder á rúa do Orzán e a
  14. través do itinerario habilitado.

Publicacións Relacionadas