A nova dependencia, situada no Paseo das Pontes, súmase á oficina en liña www.coruna.gal/voluntariado e á sede localizada nas oficinas do Servizo de Participación Cidadá
“Este novo espazo contribuirá ao desenvolvemento dos programas e iniciativas que xa se están levando a cabo desde o Concello a través de diferentes servizos municipais”, sinalou a alcaldesa, Inés Rey
A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, visitaron esta mañá a nova Oficina Municipal de Voluntariado no Paseo das Pontes.
“Esta dependencia municipal nace coa vocación de converterse nun referente para o
voluntariado da cidade e contribúe ao desenvolvemento dos programas e iniciativas que xa
se están levando a cabo desde o Concello a través de diferentes servizos municipais”,
apuntou a rexedora. O novo espazo, explicou a concelleira, “servirá para canalizar o
voluntariado da Coruña e será un punto de interlocución permanente coas diferentes
entidades especializadas da cidade, que se estenderá a todas aquelas entidades sociais
que queiran levar a cabo estes programas no municipio”. Yoya Neira destacou que, deste
xeito, “amplíanse as posibilidades de participación das persoas interesadas, a través da
posta en marcha de novos proxectos de voluntariado municipal que completen a oferta que
xa existe na actualidade”.
Tras desenvolver dous dispositivos de acción voluntaria activados por esta concellería para
responder á situación de emerxencia sanitaria pola crise da COVID-19, o Concello Nota de Prensa
considera que o voluntariado constitúe un dos modos básicos de participación da cidadanía
na vida pública, “na que a solidariedade e o compromiso son os valores predominantes”,
sinalou Rey. A alcaldesa gabou o traballo da concellería que dirixe Yoya Neira que, unha
vez máis, “involucra á administración coa sociedade civil”.
Neira salientou que o servizo fará especial fincapé “nos menores, de entre 16 e 18 anos,
porque hai moitas nenas e nenos que querendo facer voluntariado non podían até o
momento”.
Neste contexto, o Goberno local puxo en marcha este servizo, que funciona como unha
oficina en liña –a través da ligazón www.coruna.gal/voluntariado– e conta con dúas sedes
fiscais: a propia oficina situada nas dependencias do Servizo de Participación Cidadá (rúa
Castiñeiras, 23) e o novo punto de apoio localizado no Paseo das Pontes.
A nova oficina, que botará a andar en colaboración coa Plataforma Coruñesa de
Voluntariado, estará aberta ao público os martes e os xoves, das 17.00 ás 19.00 h e, entre
outras tarefas, atenderá de maneira presencial, telefónica e virtual; realizará traballos de
mediación coas persoas voluntarias e entidades e organizacións de voluntariado coruñesas;
asesorará e informará sobre programas activos, normativa legal e formación; atenderá o
voluntariado municipal; e apoiará as accións de difusión e comunicación.
O Concello, como promotor deste servizo no municipio, estrutura o servizo a través de seis
grandes ámbitos, que ofrecen distintos programas vinculados ás súas competencias:
Participación Cidadá, Benestar Social, Mocidade, Bibliotecas, Deportes e Protección Civil.
Desde estes ámbitos, desenvólvense neste momento 13 programas, cos que o consistorio
busca favorecer a participación cidadá e a acción voluntaria por parte da poboación e
promover a solidariedade entre a veciñanza coruñesa, xunto cun concepto de cidadanía
activa




