HomeA CoruñaA CoruñaAprobadas as bases para confeccionar o calendario das competicións e eventos deportivos...

Aprobadas as bases para confeccionar o calendario das competicións e eventos deportivos do 2021

- Anuncio -spot_img

Para elaborar a dita axenda necesítase coñecer as planificacións dos clubs e entidades privadas da cidade
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, pretende confeccionar e aprobar provisionalmente un Calendario Oficial de competicións e eventos deportivos para desenvolvérense na cidade da Coruña co fin de realizar unha previsión das competicións e eventos deportivos que sexa posible realizar en 2021. Dependerase sempre da situación sanitaria e o estrito cumprimento das normas que establezan as autoridades sanitarias e os protocolos de prevención Covid-19 fixados polas respectivas federacións de ámbito estatal e autonómico para cada unha das modalidades deportivas. Para elaborar o dito calendario necesítase coñecer as planificacións dos eventos deportivos por parte dos clubs e entidades privadas. A convocatoria está dirixida a asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente. No Calendario Oficial incluirase programación propia do servizo de Deportes e actividades privadas que requiren autorización previa para seren realizadas, ben porque se desenvolven na rúa ou ben porque se nos vai solicitar o uso dalgunha instalación deportiva municipal.
En ningún caso a inclusión dos eventos deportivos no Calendario Oficial dará lugar á cesión gratuíta dos espazos para o seu desenvolvemento nin implicará ningún tipo de colaboración económica por parte do servizo de Deportes. PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES Será ata o 30 de marzo. O prazo poderá prorrogarse, se así o considera o Servizo Municipal de Deportes.

Publicacións Relacionadas